Noticias
Blog
O PP de Ourense fai efectiva a súa nova organización na cidade, pasando de cinco a nove distritos
- Este cambio organizativo responde ao obxectivo de estar máis preto dos cidadáns, cunha estructura máis acorde á da cidade, xa que a anterior fora implantada en 1977
- Os novos distritos do PPOU na cidade serán: Casco Histórico, Centro, San Francisco-Barrocás-Santa Mariña, San Francisco-A Rabaza-Ceboliño, O Couto-Centro, O Couto-Rural, Mariñamansa, A Ponte-Centro, A Ponte-Rural
- Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa, Miguel Abad, Belén Iglesias, Amelia Belmonte, Aurelio Gómez Villar, Mónica Mourelo, Jorge Pumar, José Araújo e María Antonia Rilo presidirán os novos distritos
Ourense, 22 de setembro de 2014.- A sede do PP de Ourense acolleu esta tarde a primeira reunión do presidente provincial, Manuel Baltar e do secretario xeral e presidente da Xunta Local de Ourense, Rosendo Fernández cos presidentes dos nove distritos nos que os populares redistribuiron a cidade, tal e como se decidira no Comité de Dirección do PPOU.
O obxectivo deste cambio responde a acadar un modelo máis cercano aos veciños e veciñas da cidade, así como máis adecuado á estructura da propia cidade na actualidade. A anterior división da cidade en distritos databa do ano 1977 e dividía a cidade en:
- Distrito 1: Centro (presidente: Miguel Abad)
- Distrito 2: San Francisco (presidente: Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa)
- Distrito 3: O Couto (presidente: Aurelio Gómez Villar)
- Distrito 4: Mariñamansa (presidente: Jorge Pumar)
- Distrito 5: A Ponte (presidente: José Araújo)
A nova distribución dos populares ourensáns na cidade é a seguinte:
- Casco Histórico (presidente: Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa)
- Centro (presidente: Miguel Abad)
- San Francisco-Barrocás-Santa Mariña (presidenta: Belén Iglesias)
- San Francisco-A Rabaza-Ceboliño (presidenta: Amelia Belmonte)
- O Couto-Centro (presidente: Aurelio Gómez Villar)
- O Couto-Rural (presidenta: Mónica Mourelo)
- Mariñamansa (presidente: Jorge Pumar)
- A Ponte-Centro (presidente: José Araújo)
- A Ponte-Rural (presidenta: María Antonia Rilo)
Tal e como lembrou na reunión o presidente provincial, Manuel Baltar, hai menos dun ano (o pasado 24 de abril) que o PP de Ourense se puxo a traballar na reorganización do partido na cidade. Daquela, nunha reunión entre Manuel Baltar; o secretario provincial e responsable da Xunta Local, Rosendo Fernández; e os presidentes dos anteriores cinco distritos se puxo sobre a mesa a necesidade de reorganizar o partido na cidade para acadar unha mellor e máis cercanía cos veciños e veciñas. Esta reestructuración foi comunicada formalmente no Comité de Dirección.
Os presidentes dos novos distritos recibiron na reunión desta mañá toda a documentación necesaria para comezar a traballar de inmediato nas súas áreas da cidade: número de mesas electorais e listado de afiliados e militantes. O obxectivo inmediato é compoñer os equipos que traballarán en cada barrio de cara á preparación dos próximos comicios: as Eleccións Municipais do 24 de maio de 2015. Precisamente, os presidentes de distrito son elementos fundamentais para canalizar todas as demandas e inquedanzas dos ourensáns cara os órganos de dirección do PPOU, tal e como explicou o presidente provincial, Manuel Baltar.