Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar: "Explicaremos o noso proxecto sen insultos e sen demagoxia. Outros din que poden; nós farémolo"

Imprimir ppou - 20-Septembro-2014 - 17:20:56 


  • Na IV Convención de Cargos Públicos de Os Milagros, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediulles aos populares que, a diferenza de outros partidos, non baixen o nivel da política, nin o de autoesixencia

Os Milagros, 20 de setembro de 2014.- O salón de actos do antigo centro educativo anexo ao Santuario de Os Milagros acolleu esta mañá a IV Convención de Cargos Públicos do Partido Popular de Ourense.

O encargado de dar a benvida aos asistentes á IV Convención de Cargos Públicos de Os Milagros foi o secretario de Organización do PPOU, Pablo Pérez. Sinalou na súa intervención que "no PPOU non prometemos milagres, como fan os Picapiedra, Pedro e Pablo. Nós prometemos traballo, compromiso e realidades".

A primeira intervención correu a cargo de Susana Vázquez Dorado, alcaldesa de Porqueira, quen falou sobre a importancia da política no rural. Relatou a enorme adicación da política no rural, como servizo público esencial para os veciños. A cercanía e a empatía son os piares básicos nos que fundamenta este exercicio no primeiro eslabón político.
A continuación, o portavoz municipal do PP en Ribadavia, César Manuel Fernández Gil, falou sobre "Ourense é Cultura". A política cultural como eixo vertebrador conectado coa sociedade foi o fundamento do seu relatorio. Conxugar tradición e vangarda é básico para non perder esa conexión, e no caso ourensán é innegable a importancia e excelencia do noso patrimonio. De aí a necesidade de facer gala dunha exquisita sensibilidade coa nosa culturura e, por ende, da nosa identidade.
Consuelo Vispo Seara, recén elixida presidenta local do PP de Barbadás, falou do reto de presidir unha organización política. Sen esquecer en ningún momento ao seu antecesor, Manuel Freire Couto, manifestou a súa vontade de seguir traballando arreo a prol dos intereses xerais dos cidadáns, cun proxecto político con cabida para todos.
A concelleira en Ourense Beatriz Tejada, encargouse de falar sobre "a economía nos concellos: un factor clave". Recalcou que neste marco de crise económica todos han de tomar medidas duras e difíciles, sendo nos concellos máis palpable dada a cercanía da administración local cos veciños. Facer máis con menos esixirán dos políticos sacrificio, traballo e cooperación.
O alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, falou no último relatorio sobre Termalismo como fonte de riqueza. Convertir a nosa orixe termal en destino termal é o obxectivo prioritario que debe seguir a provincia, contribuindo como motor da actividade económica. Convertir o recurso turístico termal en producto turístico termal como clave, algo ao que contribúe a Deputación, que pasou das palabras aos feitos coa posta en marcha de recursos termais e o Plan Turístico Termal, o guión a seguir coa implicación dos presidentes Manuel Baltar e Alberto Núñez Feijóo.

O presidente do PP de Baños de Molgas e alcalde anfitrión, Eladio Mangana Nóvoa foi o encargado de iniciar a clausura da IV Convención de Cargos Públicos do PPOU, que quixo facer un recoñecemento expreso a tódolos alcaldes e concelleiros populares da provincia.

O presidente provincial, Manuel Baltar, sinalou que o traballo no PPOU é constante, independientemente da convocatoria ou non de eleccións, augurando que o éxito do PPOU será atronador nas Eleccións Municipais de 2015. Puxo de manifesto a importancia que cobrou a provincia nestes días, coa Volta a España e a visitas de súas maxestades os Reis de España para inaugurar o curso escolar en Pereiro de Aguiar.
Tal e como explicou Manuel Baltar, 554 concelleiros son os que ten o PP nos 92 municipios da provincia, lembrou Manuel Baltar para manifestar que "Ourense non son só cifras", e quixo dar gracias a todos os cargos, simpatizantes, militantes e afiliados do PPOU polos recentes resultados electorais obtidos, onde Ourense foi a segunda provincia en apoio ao PP nas Eleccións Europeas.
Baltar Blanco sinalou que van xa 55 os congresos locais celebrados, que serán 70 a finais de ano. Nunca antes se puxo en marcha un proceso de renovación tan intenso, lembrou. E tamén puxo de manifesto que xa está constituido o Comité de Campaña para as Eleccións Municipais, avanzando que antes de finais de ano coñeceranse os cabezas de lista para eses comicios. E tamén avanzou unha nova campaña de afiliación, así como a nova distribución da cidade en distritos, pasando de 5 a 9 distritos. Precisamente, no tocante á cidade, quixo facer un recoñecemento expreso á labor de Rosendo Fernández á fronte do Grupo Municipal do PP en Ourense "na etapa de goberno máis negra da cidade".
Manuel Baltar abundou en que é a hora dos "Gobernos líderes e cooperadores". Sendo "cooperación" a palabra máxica en política: "Estamos ante o mellor momento para a política en maiúsculas. O emprego é o noso máximo obxectivo, con tódolos esforzos para invertir esta tendencia. O único interese que nos move é o interse xeral. Explicaremos o noso proxecto sen insultos e sen demagoxia. Outros din que poden; nós farémolo".

Pola súa banda, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, foi o encargado de pechar a IV Convención de Cargos Públicos do PPOU. Sinalou que a súa presencia responde a tres factores: ser afiliado, representante público e ourensán. Recalcou que os políticos "somos empregados da xente que nos elexiu frente a outras opcións. E que cada catro anos renovan o seu aval ou non", de aí que sexa necesario o compromiso de defender o ben común, de ser dignos representantes e de defender a política. "Nós non vivimos da política para criticar aos políticas, senón que somos políticos para mellorar a política e dignificar as institucións con respeto, con propostas, con argumentos e con ideas".
Recalcou que o recén estrenado curso político ten unha especial relevancia polo exame ao que se terán que someter os políticos que integran as administracións locais. Nunca antes a situación foi tan difícil, pero "sempre que hai dificultades serias, a xente elixe ao PP, o cal é unha honra pero tamén unha enorme responsabilidade". O PP é un partido de goberno, non unha mera lista electoral. Os cidadáns nos esixen máis que aos demáis, xa que espera máis de nós: máis coherencia, máis exemplaridade. E iso é unha honra". Por iso, ante as próximas eleccións, Feijóo pediu aos seus compañeiros de filas non entrar na competición de ver quen chama máis a atención por descualificacións ou estridencias; nin de ver quen é máis crítico; nin entrar na pelexa que teñen outros partidos por liderar unha oposición cada vez máis desfragmentada.
Segundo o líder do PPdeG, os populares deben ser os máis autocríticos, deben liderar coa xente un país unido e, en resumo, fronte a ingobernabilidade duns ou a experiencia do mal goberno doutros, deben ser goberno de todos os cidadáns.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: