Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Mellorar a vida cotiá dos veciños, obxectivo irrenunciable do PP de Barbadás

Imprimir ppou - 19-Septembro-2014 - 20:25:39 


  • María Consuelo Vispo Seara foi elixida presidenta local dos populares co 100% do apoio dos compromisarios

  • O presidente provincial, Manuel Baltar, agradeceu expresamente aos militantes e afiliados de Barbadás "a vosa forza e o voso compromiso. Sempre con obxectivos por conquerir e cos intereses xerais deste municipio por riba de todo"

Barbadás, 19 de setembro de 2014.- A Casa da Cultura da Valenzá acolleu esta tarde o Congreso Local do PP en Barbadás. A única candidatura que concurría, liderada por María Consuelo Vispo Seara, acadou o 100% de apoio dos votos emitidos polos compromisarios participantes neste proceso de elección interno.

Durante a súa intervención, a presidenta local electa confesou que "hoxe asumo o reto máis importante da miña vida, que non é outro que coller o relevo á fronte da Xunta Local de Manuel Freire Couto". María Consuelo Vispo Seara, tivo palabras de agradecemento cara o seu antecesor, "do que só podo dicir boas palabras, pois levo formando parte do seu equipo dous mandatos municipais e sempre traballei moi a gusto", e asume hoxe a presidencia local do PP con proxectos tales como "mellorar a vida cotiá dos veciños e veciñas de Barbadás, seguir a liña de traballo trazada polo meu antecesor e facer chegar á xente o noso proxecto municipal". María Consuelo Vispo Seara, que entre 2007 e 2011 ocupou a Concellería de Cultura, Deporte e Educación, e actualmente dirixe as áreas municipais de Deporte, Xuventude, Atención Cidadá, Muller e Familia, recalcou que "o que máis satisface a un político é poder dar solución aos problemas que lles plantexan os seus veciños, e neso traballamos incansablemente".

Tralo discurso do presidente local electo, tomaron a palabra o presidente provincial, Manuel Baltar, e Alberto Núñez Feijóo, presidente do PPdeG, e encargado de clausurar o Congreso Local, quen salientou o intenso traballo orgánico desenvolvido no PPOU, con 53 congresos locais celebradas ata o día de hoxe. Manuel Baltar quixo agradecer expresamente aos militantes e afiliados de Barbadás "a vosa forza e o voso compromiso. Sempre con obxectivos por conquerir como o de facer un partido á imaxe e semellanza dunha provincia ambiciosa, orgullosa de seu e competitiva. E cos intereses xerais deste municipio, e dos 92 municipios de Ourense por riba de todo. Sen caer no discurso fácil nin na crítica. Facendo política con maiúsculas, con altura de miras. Exercendo a cooperación, como non pode ser doutro xeito".


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: