Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Comité de Dirección do PPOU inaugura o curso político en Os Milagros

Imprimir ppou - 01-Septembro-2014 - 21:54:01 


  • O órgano de dirección dos populares ourensáns celebrou hoxe unha reunión na que se aprobou o programa da IV Convención de Cargos Públicos do PPOU para o vindeiro 20 de setembro

Ourense, 01 de setembro de 2014.- O antigo colexio de Os Milagros, anexo ao Santuario que estes días acolle a novena á Virxe que lle dá nome, foi o lugar elixido polo Comité de Dirección do Partido Popular de Ourense para celebrar a súa primeira reunión do presente curso político, inaugurado onte polo presidente nacional, Mariano Rajoy, en Soutomaior.

O Comité de Dirección estivo presidido polo presidente provincial, Manuel Baltar, quen destacou que "ningunha outra forza política mantén a intensa actividade que desenvolvemos día a día no Partido Popular de Ourense. Somos, sen ningún tipo de dúbida, o motor político desta provincia". De feito, unha das cuestións principais que se abordaron nesta reunión do órgano directivo dos populares ourensáns foi a aprobación da vindeira IV Convención de Cargos Públicos do PPOU, que se desenvolverá, como é tradición nos últimos tres anos, no antigo colexio de Os Milagros. Será o próximo día 20 de setembro e levará por título o lema: "Concellos Populares".

O programa desta convención incluirá diversas ponencias e relatorios:

  • "A importancia da política no Rural", a cargo da alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez Dorado.

  • "Ourense é Cultura", de César Manuel Fernández Gil, voceiro do PP no Concello de Ribadavia.

  • "O reto de presidir unha organización política", de María Consuelo Vispo Seara, concelleira en Barbadás e candidata única a presidir o PP local neste municipio.

  • "A economía nos concellos; un factor clave", coa intervención de Beatriz María González-Tejada Jácome, concelleira en Ourense.

  • "O Termalismo, xerador de riqueza", segundo Argimiro Marnotes, alcalde do Carballiño e deputado provincial.



Congresos Locais

Por outra banda, no Comité de Dirección tamén se abordaron as datas para os vindeiros congresos locais deste mes: Xinzo de Limia o día 5, Calvos de Randín o día 12, Barbadás o día 19, Rubiá o día 25, Verea o 26 de setembro e, finalmente, O Carballiño no día 27 deste mes.

Ademáis, tamén se puxo de manifesto na reunión desta tarde do Comité de Dirección que, en próximas datas, se convocará unha reunión da Xunta Directiva Provincial do Partido Popular de Ourense que convocará, á súa vez, novos congresos locais na provincia de Ourense, co fin de seguir renovando as 92 xuntas locais do PPOU.








(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: