Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Ourense consolídase como o Concello das sete grandes cidades galegas con menos programación cultural durante o mes de agosto

Imprimir ppou - 22-Agosto-2014 - 10:52:14 

Ourense, 22 de agosto de 2012.- Como ven sendo habitual e fondamente lamentable, o de Ourense volveu a superarse este ano e se converteu, por demérito do seu Goberno Municipal, no Concello con menos programación cultural, durante o mes vacacional por excelencia, de toda Galicia.

Un triste récord para a cidade que fora considerada a "Atenas de Galicia" e onde as iniciativas culturais sempre floreceron pese ao maior ou menor apoio do goberno de turno. Neste caso concreto, o Concello de Ourense volveu a facer gala da súa falta de ideas e, sobre todo, falta de ganas de darlle un pulo á oferta cultural da cidade nun mes onde nos visitan máis turistas que nunca e cando moitos ourensáns que permanecen na urbe teñen tempo para disfrutar de actividades culturais. De feito, as únicas iniciativas salientables e atractivas partiron, por unha banda, do CineClube Padre Feijóo con proxeccións nocturnas ao aire libre dentro do seu ciclo "Cinema na Praza", na praza de San Marcial. Pola outra, da Deputación, co desfile e gran actuación das Xornadas de Folclore. Un clásico de cada verán que nesta ocasión, o Concello quixo aproveitar propagandísticamente instalando un gran cartaz diante do escenario das mesmas. De non ser por estas iniciativas e por aquelas particulares que deseñan hosteleiros locais para facer atractivas as noites ourensás de agosto, o páramo cultural no que está sumida a cidade por culpa da desidia do Goberno Municipal sería o complemento perfecto para a pobre imaxe turística da cidade, cunha Oficina Municipal de Turismo pechada cando máis turistas reclaman os seus servicios. Só un goberno esgotado e sen capacidade para xestionar ou idear iniciativas é capaz de pilotar de xeito tan desastroso a oferta cultural municipal da cidade de Ourense durante o mes de agosto.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: