Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de O Barco demanda que a nova lei do poder xudicial teña en conta os criterios socioeconómicos, xeográficos e distancia coa capital para permitir que os xulgados do Barco se manteñan como sede xudicial

Imprimir ppou - 15-Abril-2014 - 21:20:14 


  • Nun encontro que mantivo Moisés Blanco con varios avogados da zona asegurou que "defenderemos a existencia de sedes desprazadas nos lugares nos que, sendo na actualidade partido xudicial, se xustifique esta categoría en atención aos criterios que se recollen no anteproxecto, como ben podería ser o caso dos Xulgados de O Barco"

O Barco de Valdeorras, 15 de abril de 2014.- O pasado 4 de abril o ministro de xustiza presentou ante o Consello de Ministros o anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial. O texto deste anteproxecto debe pasar agora os trámites de informe preceptivo que deben emitir o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Consello Fiscal e o Consello de Estado, sen perxuízo doutros dictames ou informes que o goberno puidera requerir. Con posterioridade, o texto, coas modificacións que o goberno considere oportuno incluir, será aprobado en Consello de Ministros e iniciarase o trámite parlamentario no Congreso e Senado.

Así lle lo explicou, Moisés Blanco nun encontro que mantivo con varios avogados da comarca valdeorresa. "Polo momento, estamos nunha fase completamente inicial, onde este texto pode experimentar cambios que enriquezan o seu contido. E así esperamos que suceda", afirma o voceiro do PP do Barco e parlamentario autonómico.

Moisés Blanco asegura que "defenderemos a existencia de sedes desprazadas nos lugares nos que, sendo na actualidade partido xudicial, se xustifique esta categoría en atención aos criterios que se recollen no anteproxecto como ben podería ser o caso dos Xulgados de O Barco".

Para elo, Moisés Blanco confía en que desde o Goberno do Estado exista flexibilidade á hora de poñer en marcha o novo modelo, de tal xeito que as Comunidades Autónomas teñan posibilidade de adaptalo ás súas peculiaridades, de xeito coordinado co Poder Xudicial.

Por iso, o voceiro popular barquense e deputado galego agarda que nos criterios que definan a futura planta xudicial no resto do territorio sexan tidos en conta criterios relacionados directamente coas características socioeconómicas, xeográficas, poboacionais, redes de comunicacion e esforzo inversor realizado pola Xunta de Galicia á hora de construir e dotar ás sedes xudiciais como sucedeu na construción do novo edificio que alberga os Xulgados de O Barco, cunha inversión superior os 2,5 millón de euros.

Tal e como recolle o anteproxecto poderanse crear sedes desprazadas dos Tribunais Provinciais de Instancia naquelas localidades que actualmente contan con órganos xudiciais distintos dos Xulgados de Paz, en función das seguintes circunstancias:


- Volume e dispersión da poboación no territorio provincial.

-Relevancia da carga de traballo dos órganos xurisdiccionais existentes, segundo os módulos establecidos conforme ás determinacións da LOPX.

- Distancia da sé desprazada á capital da provincia.

-Tempo de desprazamento en transporte público desde a sé desprazada á capital da provincia.

-Especiais características orográficas ou xeográficas do territorio provincial e, singularmente, as que dificulten os desprazamentos á capital da provincia.

- Existencia, estado e posibilidade de aproveitamento de edificios e infraestruturas xudiciais existentes na sé desprazada.

- Posibilidade de amortización e de recuperación dos investimentos efectuados nos edificios e infraestruturas xudiciais da sé desprazada.


Considera Moisés Blanco, que todas estas circunstancias se cumpren no caso da comarca Valdeorresa, por iso, está convencido de que "teñen que posibilitar que os Xulgados do Barco se manteñan como sede xudicial, e sigan funcionando como ata o de agora".






(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: