Presidente Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Rosendo, Secretario
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Congresos Locais
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Celanova acolle a constitución e primeira xuntanza de traballo da Oficina Parlamentaria do PP de Ourense

Imprimir ppou - 26-Maio-2012 - 20:56:33 

Celanova, 26 de maio de 2012.- O Claustro do Mosteiro de San Rosendo en Celanova acolleu esta tarde a constitución e primeira xuntanza de traballo da Oficina Parlamentaria do PP de Ourense, á que asistiron o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo; o presidente provincial, Manuel Baltar; e os deputados, senadores, parlamentarios autonómicos e deputados provinciais, todos eles membros activos deste novo órgano dos populares.
Manuel Baltar explicou onte que os populares ourensáns "son pioneiros no feito de incorporar a esta Oficina Parlamentaria a presencia activa dos deputados provinciais", algo que non se está a dar en ningunha outra cidade española, "xa que pola estructura da nosa provincia, é moi importante manter un contacto constante e fluido con tódalas comarcas e, polo tanto, é clave a labor desenrolada por parte dos deputados provinciais".
A nova Oficina Parlamentaria do Partido Popular de Ourense terá como coordinadora á deputada no Congreso e Coordinadora de Politica Nacional do PPOU, Ana Belén Vázquez, quen sinalou que servirá para atender as demandas e peticións dos afiliados e non afiliados do PPOU, así como para canalizalas cara o Goberno Central, a Xunta de Galicia ou aos correspondentes órganos (Congreso, Senado, Parlamento de Galicia). Ademáis, manterase unha  garda continua na sede do PPOU para atender peticións da Oficina Parlamentaria e se habilitará un espacio na web do partido (www.ppou.es) para que os interesados poidan transmitir as súas demandas ao respecto. A atención será personalizada e constante, co fin de que non quede ningún afiliado ou non afiliado sen resposta para as súas demandas, abrindo así unha importante canle de comunicación e contacto permanente con tódolos ourensáns.    

Suscíbete:
Redes Sociales: