Noticias
Blog
A Xunta Directiva do PPOU fixa para o 15 de xuño o Congreso Local dos populares en Ribadavia
Ourense, 14 de maio de 2012.- Hoxe luns, 14 de maio, na sede do Partido Popular de Ourense, o presidente provincial, Manuel Baltar, presidiu a reunión da Xunta Directiva do PPOU, na que tamén participou o secretario provincial, Rosendo Fernández. Tamén asistiu como convidado o secretario xeral Tomás Fernández Couto, quen informou acerca das políticas desenvolvidas pola Xunta na actualidade.
Neste encontro, que se desenrola periódicamente, se analizaron tódalas cuestións relativas á actividade do Partido Popular de Ourense, sobre todo dende que o pasado 18 de abril os alcaldes e portavoces dos 92 municipios da provincia analizasen co presidente provincial aspectos económicos e de servizos nos seus respectivos concellos. Manuel Baltar destacou a importancia do seguimento e apoio de tódalas actividades organizadas dende o PPOU, agradecendo ademáis a implicación e esforzo en tódolos municipios ourensáns neste eido.
Asemade, na Xunta Directiva de hoxe quedou fixado para o vindeiro día 15 de xuño a convocatoria do Congreso Local do Partido Popular en Ribadavia, no que se elexirá presidente local, cargo que actualmente ostenta José Pérez Iglesias.