Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Alcaldes e portavoces do PP esixen a Abanca o mantemento dun servizo digno no rural ourensán

Imprimir ppou - 29-Xullo-2020 - 20:20:40 


• Diante da drástica reducción de días de apertura das oficinas, horarios e mesmo o peche das sucursais, os representantes municipais sinalaron que Abanca ven facendo gala do seu compromiso social co rural, “pero o certo é que establece unha inaceptable discriminación cos clientes das ciudades, afectando a todos os habitantes e empresas do rural”

29, xullo, 2020.

Alcaldes, alcaldesas e portavoces do Partido Popular de Ourense expresaron hoxe o seu malestar pola reestruturación dos servizos de atención ao cliente que a entidade financeira Abanca está a realizar nos concellos do rural ourensán, o que está a supoñer unha drástica reducción de días de apertura das oficinas, horarios e mesmo o peche das sucursais.

  
  
Nunha reunión mantida esta tarde na sede provincial popular, unha representación dos alcaldes, alcaldesas e portavoces dos concellos afectados por toda a provincia esixiron a Abanca o mantemento dun servizo digno de atención, “logo de que no seu día a veciñanza confiou os seus cartos a esta entidade e agora vense defraudados, abandoados, sen servizo, facendo longas ringleiras para que lles atendan, desprazándose a outras localidade e cinguíndose aos horarios e xornadas impostas de xeito unilateral polo banco”.

Abanca, coincidiron en sinalar os representantes municipais, ven facendo gala do seu compromiso social co rural, “pero o certo é que establece unha inaceptable discriminación cos clientes das ciudades, afectando a todos os habitantes e empresas do rural”.

Os asistentes á reunión, que recolleron o sentir dos seus compañeiros e compañeiras en toda a provincia e da veciñanza, lembraron que a entidade financeira “como moitos outros servizos, adoptou unha serie de medidas de reestruturación como consecuencia da pandemia, pero agora non podemos aceptar que manteñan os recortes e mesmo a supresión da atención aos clientes amparándose na situación derivada do Covid-19”.


Suscíbete:
Redes Sociales: