Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Constituída a comisión de seguimento do pacto entre Partido Popular e Democracia Ourensana

Imprimir ppou - 05-Xullo-2019 - 21:43:41 


Ourense, 6 de xullo de 2019. O presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, e o de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, presidiron a constitución da comisión de seguimento do pacto asinado entre as dúas formacións políticas, que permitiu a gobernabilidade tanto no concello da capital como na Deputación, con gobernos de coalición para o presente mandato. Forman parte da mesma, polo Partido Popular, Rosendo Fernández e Jorge Pumar, mentres que por Democracia Ourensana intégrana Armando Ojea e Miguel Caride.

Na reunión mantida, o presidente do PP, Manuel Baltar, fixo fincapé na relevancia que ten o acordo alcanzado entre as dúas formacións cun único obxectivo: Ourense, xa que o pacto da estabilidade a gobernos sólidos, en perfecta sintonía, e co labor de avanzar no desenvolvemento socioeconómico do Concello de Ourense e da provincia.

  
  
Unha comisión de seguimento que para Pérez Jácome ten un “valor engadido”, no senso de trasladar á cidadanía a necesidade de pór en marcha proxectos “que cambien o rumbo dos últimos catro años, contando para elo coa colaboración entre ámbalas dúas institucións, así como reforzar liñas de actuacións conxuntas”, tanto nas estratexias de actuación como nos investimentos que leven a cabo, incidindo Manuel Baltar en que “estamos a falar de dúas administracións perfectamente saneadas e con actuacións ilusionantes que se farán realidade co pulo que queremos darlle”.

No contexto político, tanto Baltar como Pérez Jácome entenden que e máis o que une a PPOU e DO, cara a conseguir os retos marcados, que aquilo que antes podía distanciar aos dous partidos, e avogan por manter a esencia do ideario inicial establecido no pacto asinado, pero deixando a porta aberta a posibles modificacións, que sempre estarán directamente vencelladas os intereses  de Ourense, xa que como di Manuel Baltar, “e o que nos une e polo que temos que loitar”.

Deste xeito, os integrantes da comisión de seguimento do pacto subliñaron a “perfecta sintonía” que existe, e que se converte no mellor dos avais para avanzar na tarefa marcada, do mesmo xeito que se quere trasladar a todos os ourensáns o inicio dun novo tempo, que para Baltar e Jácome conxuga ilusión e proxectos. Unha primeira reunión á que seguirán outras nas que  ademais de analizar o desenvolvemento do pacto, tamén se concretarán diferentes cuestións que teñen como obxectivo fortalecer un pacto para o presente mandato de catro anos tanto no Concello de Ourense como na Deputación.


Suscíbete:
Redes Sociales: