Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

  O Partido Popular presenta ante as xuntas electorais de zona ás candidaturas á deputados provinciais

Imprimir ppou - 18-Xuño-2019 - 16:49:14 


• A proposta popular inclúe os doce candidatos correspondentes aos escaños obtidos nas eleccións locais e un total de 21 suplentes, tres por cada unha das sete xuntas.

• O presidente provincial do PP e candidato á presidencia da Deputación, Manuel Baltar afirmou sentirse “extraordinariamente satisfeito” polos candidatos que conformarán o grupo provincial popular, “onde se mestura a experiencia con catro novas incorporacións, a mellor fórmula para conformar un goberno que non é froito da improvisación, senón da planificación e da previsibilidade que caracterizan ao goberno provincial do PP e que terá por diante un importante obxectivo, como é poñer en marcha e executar o Plan Ourense 72-73”.

18, xuño, 2019.

O Partido Popular de Ourense ven de presentar diante das sete xuntas electorais da provincia de Ourense aos doce candidatos que integrarán o grupo provincial popular na Deputación, correspondendo seis dos nomes propostos á xunta electoral de zona de Ourense e o resto ás xuntas do Carballiño, Bande, Ribadavia, Trives, Valdeorras e Verín.

Desde mañá mércores e ata o venres, os preto de cincocentos concelleiros do PP ourensán (476) poderán emitir o seu voto nas súas respectivas xuntas de zona para elixir aos deputados provinciais, cuxas candidaturas inclúen tres nomes máis en calidade de suplentes. As candidaturas propostas inclúen catro novos nomes, o que supón unha renovación do 33 % no grupo popular, a mesma porcentaxe na representación de mulleres.

O presidente provincial do PP e candidato á presidencia da Deputación, Manuel Baltar afirmou sentirse “extraordinariamente satisfeito” polos candidatos que conformarán o grupo provincial popular, “onde se mestura a experiencia con novas incorporacións como Luz Doporto (Allariz), César Fernández (Ribadavia), Patricia Torres (Boborás) e Álvaro Fernández (A Rúa)”.

Os 476 concelleiros do PP en toda a provincia tamén poderían estar nestas listas, sinalou, “pero decidimos que esta combinación de coñecemento do funcionamento da institución provincial, cunha dose de renovación, será a mellor fórmula para conformar un goberno que non é froito da improvisación, senón da planificación e da previsibilidade que caracterizan ao goberno provincial do PP”.

Sen deixar de agradecer o traballo realizado polos deputados saíntes, subliñou que o novo grupo provincial “constituirá un equipo que terá por diante un importante obxectivo, como é poñer en marcha e executar o Plan Ourense 72-73, representando á única formación que se presentou cun candidato coñecido á presidencia da Deputación e un programa de goberno con 124 medidas, a primeira delas xa posta en marcha coa entrega, a título póstumo, da medalla de ouro da provincia ao doutor Luis Rodríguez Míguez”.

Nestes próximos catro anos, apuntou Manuel Baltar, serán moitos os retos que haberá que afrontar “como a chegada da alta velocidade, o centenario da revista Nós, a apertura do Centro Galego de Formación Profesional, o edificio intelixente de Abanca, as novas instalacións da Deputación no edificio de Correos e plans sobre o reto demográfico ou turismo intelixente”. 
 
En definitiva, abondou, “poñer en valor as nosas accións políticas que, baixo as premisas de unidade e ourensanismo, situarán a esta Deputación na vangarda dos gobernos provinciais de España e con visibilidade nacional e internacional”.

A relación de candidatos e suplentes por cada unha das sete xuntas é a que segue:


Xunta electoral de zona de Ourense

1. José Manuel Baltar Blanco (Esgos)
2. Rosendo Luis Fernández Fernández (A Merca)
3. Jorge Pumar Tesouro (Ourense)
4. Pablo Pérez Pérez (Quintela de Leirado)
5. María Consuelo Vispo Seara (Barbadás)
6. Luz Doporto Real (Allariz)

Suplentes
1.Susana Vázquez Dorado (Porqueira)
2.José Manuel Fernández Gómez (Paderne de Allariz)
3.Manuel Pedro Fernández Moreiras (San Cibrao das Viñas)

Xunta electoral de zona do Carballiño
Ana Particia Torres Madureira (Boborás)

Suplentes
1. Manuel Padro López (Beariz)
2. José Luis Valladares Fernández (San Cristovo de Cea)
3. José Luis González Rodríguez (Piñor)

Xunta electoral de zona de Bande
Plácido Álvarez Dobaño (Muíños)

Suplentes
1. María del Carmen Yáñez Salgado (Lobios)
2. José Antonio Armada Pérez (Bande)
3. Manuel Pérez Pereira (Padrenda)

Xunta electoral de zona de Ribadavia
César Manuel Fernández Gil (Ribadavia)

Suplentes
1. Rodrigo Aparicio Santamaría (Arnoia)
2. Antonio Montero Fernández (Avión)
3. María Cristina Francisco Vílchez (Melón)

Xunta electoral de zona de Trives
Miguel Antonio Cid Álvarez (A Teixeira)

Suplentes
1. Melisa Macía Domínguez (Vilariño de Conso)
2. Manuel Corzo Macías (O Bolo)
3. Francisco Rodríguez Rodríguez (Chandrexa de Queixa)

Xunta electoral de zona de Valdeorras
Álvaro José Fernández López (A Rúa)

Suplentes
1. Juan Anta Rodríguez (A Veiga)
2. María del Carmen González Quintela (Carballeda de Valdeorras)
3. Elías Rodríguez Núñez (Rubiá)

Xunta electoral de zona de Verín
Ana María Villarino Pardo

Suplentes
1. Luciano Rivero Cuquejo (Cualedro)
2. Francisco Armando Veiga Romero (Riós)
3. Manuel Cardoso Pérez (Vilardevós)


Suscíbete:
Redes Sociales: