Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

  DO e PP de Ourense subscriben un acordo para dotar de estabilidade e solidez aos gobernos da capital e da provincia

Imprimir ppou - 14-Xuño-2019 - 19:05:05 


• Jácome será alcalde da cidade e Baltar presidirá a Deputación, co fin de manter gobernos estables para situar aos ourensáns por riba de todo.

• Dotarán á cidade duns Orzamentos con menos impostos, con políticas que poidan xerar emprego e que blinden os servizos públicos municipais.

• Avogan por unha Deputación próxima ás necesidades dos cidadáns, transparente e centrada en lograr un territorio no que vivir no rural non signifique ter menos oportunidades que vivir na capital.

14, xuño, 2019. 

Democracia Ourensana e o Partido Popular de Ourense acaban de subscribir un acordo para dotar de estabilidade e solidez aos gobernos da capital e da provincia.

Os dous partidos políticos coinciden nun modelo de goberno compartido, baseado na lealdade e na cooperación sincera nestas dúas institucións. Ademais, anuncian a posta en marcha dunha comisión de seguimento deste acordo, que avaliará periodicamente o seu cumprimento, e que ten como obxectivo de acadar “a exemplaridade na xestión pública e a realización dun traballo que sexa digno dos cidadáns”. 

Ambas formacións políticas inciden en que a calidade dos servizos públicos, o despoboamento e as incertezas do contexto económico requiren de institucións estables e que conten coas ferramentas necesarias para acometer eses desafíos. Os representantes de Democracia Ourensana e do PP de Ourense afrontan este encargo “cunha visión de futuro compartida”. Un encargo que, tal e como aseguran, está por riba de dogmas políticos. Así, co fin de manter gobernos que sitúen aos ourensáns por riba de todo, Gonzalo Pérez Jácome será alcalde da cidade e José Manuel Baltar presidirá a Deputación.

Neste punto, remarcan que “non hai un goberno alternativo capaz de garantir estabilidade e aportar un programa común”, xa que toda proposta diferente a esta vén precedida de vetos, personalismos e prexuízos, ademais de partir dun plan que terminaría por estar en mans de partidos independentistas ou de formacións que, na provincia e na cidade, carecen de toda credibilidade. 

RETOS DE FUTURO
Recalcan os retos de futuro que o concello debe afrontar, en canto ás súas infraestruturas e aos seus servizos para consolidarse así como terceira cidade de Galicia, ao tempo que a Deputación asume o reto de colaborar activamente cos distintos concellos que conforman a provincia para vertebrar o seu territorio.

No que respecta á capital, destacan a elaboración duns Orzamentos útiles, cos que consolidar unha política económica acorde ás necesidades dunha urbe moderna, funcional e preparada. Así, apuntan a tres puntos fundamentais: menos impostos, políticas que promovan investimentos que poidan xerar emprego, e blindaxe dos servizos públicos municipais. 

Do mesmo xeito, salientan a importancia de contar cun Plan xeral de Ordenación Urbana do século XXI, de promover a cooperación institucional e de facer da cidade un entorno accesible, libre de barreiras arquitectónicas para o que impulsaremos elementos mecánicos para salvar diversas cotas na cidade. Así mesmo desenrolaranse diversas infraestruturas e proxectos innovadores de vangarda que transformarán a cidade.   

As dúas formacións coinciden en que a cidade debe explotar  o seu gran potencial termal, por iso, traballarán para dotar á urbe dun Hotel Balneario, así como das instalacións necesarias para aproveitar as oportunidades que, neste senso, ofrecen os recursos naturais da capital. 

En canto ao goberno da Deputación, avogan por unha institución próxima ás necesidades dos cidadáns, transparente, e centrada en lograr un territorio no que vivir no rural non signifique ter menos oportunidades que vivir na capital. Sentarán as bases dunha xestión útil e eficaz, na que ambas institucións, tanto o concello como o ente provincial, deberán transparentar aos ourensáns cales serán as súas prioridades e os seus eixos de actuación, sempre cos veciños como centro das súas políticas.



Suscíbete:
Redes Sociales: