Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Locais 2019: Manuel Baltar: “toca escoitar e falar, pero tendo en conta que os acordos serán con quen pense que o proyecto do PP é o mellor para a provincia”

Imprimir ppou - 31-Maio-2019 - 13:08:29 


• En Beariz, concello que obtivo o maior respaldo electoral para o PP e os sete concelleiros en xogo, os populares analizaron os resultados do pasado domingo e que, afirmou o presidente provincial, “nos permiten reivindicarnos como forza de goberno tanto polo número de votos recibidos, como polos 462 concelleiros obtidos e as 54 maiorías absolutas conseguidas, inclúida Berán”.

30, maio, 2019.

O Partido Popular ten todo o dereito a reivindicarse como forza de goberno “ao ser a gañadora das eleccións locais na provincia, tanto polo número de votos recibidos, como polos concelleiros obtidos e polo número de maiorías absolutas conseguidas”, dixo hoxe o presidente provincial do PP en candidato á presidencia da institución provincial, Manuel Baltar. Os resultados están ahí, afirmou, “e agora toca escoitar, falar e pensar en clave de gobernabilidade, pero tendo en conta que os acordos serán con quen pense que o proyecto do PP é o mellor para o conxunto da provincia”.

  
  
Manuel Baltar dirixiuse así aos membros da Xunta Directiva Provincial, que esta tarde reuniuse en Beariz, concello no que os populares alcanzaron a maior porcentaxe de apoio electoral, co 89,42 % dos votos e obtivo os sete concelleiros en xogo. Esta convocatoria, fóra da sede provincial, segue a liña marcada pola dirección popular de celebrar as reunión dos órganos de goberno do partido naqueles lugares da provincia onde se conseguisen os mellores resultados, logo de cada proceso electoral, tal e como sucedeu nas xerais de 2016, cando a cita foi en Avión ao conseguir neste concello o 88,17 dos votos.

“Nun escenario certamente complexo dada a tremenda fragmentación política, estamos razonablemente satisfeitos cos resultados do domingo, aínda que compre analizar con máis tranquilidade e polo miúdo todos os datos”, recoñeceu o presidente provincial. Non obstante, quixo poñer en valor o feito de ser a forza política máis votada da provincia (38,05 %), a que obtivo o maior número de representantes con 462 concelleiros (52,74 %) e máis maiorías absolutas, un total de 54 contando coa entidade local menor de Berán. Todo elo, significou, “coa maior porcentaxe de participación de toda Galicia (72,13 %), tamén nas eleccións europeas (68,62 %), o que lexitima aínda máis os resultados”. 

Unhas cifras que levaron a Manuel Baltar a agradecer o traballo desenvolvido polos populares ourensáns, “todos cantos integraron as candidaturas, os que foron elixidos polos seus veciños e os militantes que puxeron todo o seu esforzo para loitar polo seu proxecto”.

Tanto para o goberno da Deputación como para aqueles concellos onde compre considerar pactos políticos, afirmou, “agora chega o momento de escoitar e falar, poñendo encima da mesa todos os aspectos que sexan necesarios, con total disposición pero sempre desde unha política construtiva e en positivo, como sempre defendimos”. Puxo énfase tamén na decisión dos electores “que chaman á responsabilidade dos elixidos e a que pensemos en Ourense, que é o que debe primar neste momento”.

Como candidato á presidencia da Deputación, Manuel Baltar lembrou que “hai un grupo maioritario, como ningún outro, cun candidato e un programa de goberno coñecidos, avalados polas políticas desenvolvidas nestes catro anos e con proxectos de relevancia que están en marcha e que non podemos permitirnos o luxo de paralizar”, polo que reivindicou o dereito do Partido Popular a gobernar a institución provincial, facendo unha chamada á responsabilidade á hora de considerar os pactos que garantan a estabilidade”. 


Suscíbete:
Redes Sociales: