Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Locais 2019: Manuel Baltar propón un novo pacto con Ourense “para lograr unha maioría que permita gobernar sen depender de ninguén”

Imprimir ppou - 22-Maio-2019 - 17:54:48 


O presidente provincial e candidato á presidencia da Deputación pediu a “inmensa confianza dos ourensáns” durante o mitin central que os populares celebraron no pavillón dos Remedios, onde se deron cita preto de 3.000 persoas, “nunha nova demostración da forza que nos caracteriza e nos diferenza doutras formacións”, e no que interviron o candidato á reeleción para a alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez, e o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

• Como partido de goberno, dixo Baltar, “demostramos ter altura de miras á hora de sacar adiante proxectos de enorme importancia para os veciños de calquera concello, pero iso non foi posible na cidade, onde só vimos intereses partidistas fronte ao interés xeral da cidadanía”.

22, maio, 2019.

O presidente provincial do PP e candidato á presidencia da Deputación, Manuel Baltar, propuxo hoxe un novo pacto con Ourense “para lograr unha maioría que permita gobernar sen depender de ninguén”, ofrecendo a estabilidade necesaria para desenvolver un proxecto “que ten unha visión integradora da provincia, partindo da cidade e chegando a todos e cada un dos concellos”.

Manuel Baltar pediu así a “inmensa confianza dos ourensáns” durante o mitin central que o Partido Popular celebrou hoxe nun ateigado pavillón dos Remedios, onde se deron cita preto de 3.000 persoas, “nunha nova demostración da forza que nos caracteriza e nos diferenza doutras formacións”, e no que interviron o candidato á reeleción para a alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez, e o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo. 

O presidente provincial popular pediu aos veciños da capital  que aposten “polo diálogo, polo talante, pola educación e pola cooperación institucional que avalan os gobernos provincial e autonómico con maiorías absolutas”, en contraposición ao comportamento dos partidos da oposición na corporación ourensá “que convertiron en infames estes anos de mandato”. 

Como partido de goberno, dixo Manuel Baltar, “os populares demostramos ter altura de miras á hora de sacar adiante proxectos de enorme importancia para os veciños de calquera concello, pero iso non foi posible na cidade, onde só vimos mans en alto para votar en contra das grandes solucións para Ourense, prevalecendo os intereses partidistas fronte ao interés xeral da cidadanía”. 

Cun goberno local forte e coa institución provincial e maila administración autonómica como aliados, “os ourensáns terán a cidade que merecen, innovadora, preparada para un fito histórico como a chegada do AVE e destino turístico de primeira orde, co termalimso como bandeira”.  Nesta liña, engadiu, o Partido Popular ofrece unha candidatura liderada por Jesús Vázquez, “que demostrou dabondo a súa capacidade para procurar a cooperación das administración”, citando expresamente o único comité permanente de cooperación existente en España entre unha capital de provincia e a Deputación, “o que permitiu incluír ao Concello de Ourense no plan provincial de obras, manter o Festival Internacional de Cine ou traer para a cidade o Centro Galego de Innovación da Formación Profesional”.
 
EXERCICIO DE AUTOESIXENCIA PARA O GOBERNO DA PROVINCIA.
En clave de provincia e como candidato á presidencia da Deputación, Manuel Baltar pediu o apoio dos ourensáns “para que o próximo domingo alcancemos os obxectivos que nos propuximos ao inicio desta campaña, nun exercicio de autoesixencia que non está ao alcance dos resto dos partidos”.

Así, Baltar aludiu ás 71 alcaldías que aspira a conseguir o PP como récord histórico, unha porcentaxe de apoio electoral no entorno do 50 % e manter a maioría absoluta na Deputación. 

O voto ao Partido Popular o próximo domingo “permitiranos escoller a os nosos alcaldes e alcaldesas, pero tamén ao presidente da institución provincial”, subliñou, lembrando que a fiabilidade do proxecto popular tamén está na única candidatura presentada á presidencia da Deputación “e co único programa de goberno coñecido, o plan 72-73, que inclúe 124 medidas das que tamén se beneficiará a capital”.


Suscíbete:
Redes Sociales: