Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Locais 2019: Manuel Baltar avoga por fortalecer a presenza en Europa “para impulsar a imaxe e as potencialidades do noso territorio”

Imprimir ppou - 21-Maio-2019 - 21:23:22 


• O candidato á presidencia da Deputación defendeu a visión  europeísta que marcou a súa acción de goberno provincial neste mandato, “no que reivindicamos a capacidade das nosas administracións para xestionar directamente fondos europeos e que se teñan en conta as particularidades de cada provincia”.

21, maio, 2019.

O vindeiro domingo os ourensáns están chamados ás urnas para escoller aos seus representantes municipais, pero máis aló do ámbito local “tamén temos unha cita con Europa, onde debemos fortalecer a presenza das provincias e aproveitar esa representación para impulsar a imaxe e as potencialidades do noso territorio”. O presidente do PP e candidato á presidencia da Deputación, Manuel Baltar, lembrou hoxe a importancia que tamén teñen as eleccións europeas para visibilizar ás provincias “e trasladar ás institucións da UE as demandas dos gobernos locais intermedios”.

O candidato á presidencia da Deputación defendeu a visión  europeísta que marcou a súa acción de goberno neste mandato, “no que reivindicamos a capacidade das nosas administracións para xestionar directamente fondos europeos e que se teñan en conta as particularidades de cada territorio”, aspecto  que cobra especial relevancia de fronte ao novo marco de financiamento. 

De feito, lembrou, “alcanzamos un acordo para que no próximo marco financeiro plurianual as provincias non só sexamos xestoras de fondos comunitarios, senón tamén destinatarias directas dos mesmos”, poñendo como exemplo os 13.000 millóns de euros dedicados a políticas de reto demográfico.

Un importante logro ao que se suma a contribución á promoción internacional de Ourense, coa entrada no Consello Político de  Partenalia, onde Manuel Baltar foi elixido presidente por unanimidade, e as vicepresidencias da asociación termal europea e da Confederación Europea de Poderes  Locais Intermedios, onde a Deputación de Ourense é a única representante española das máis de 1.000 provincias europeas representadas neste órgano.

Para un próximo mandato, engadiu Manuel Baltar, o programa de goberno 72-73 “recolle accións que terán como punto de partida os obxectivos da UE para o período 2021-2027, con prioridades como lograr unha Europa máis intelixente, máis ecolóxica, máis conectada, máis social e máis próxima aos cidadáns e todo iso trasladámolo ás propostas que presentamos no noso programa”.

O 26 de maio, dixo Manuel Baltar, os ourensáns tamén depositarán o seu voto para escoller aos 59 deputados que representarán a España na Eurocámara, dun total de 705, “e estou seguro que novamente contribuiremos a que o Partido Popular Europeo siga sendo o grupo maioritario, o que nos vai a permitir impulsar a reformas necesarias para afrontar o futuro de Europa e as súas provincias”.
 
ACTIVIDADE POLÍTICA PERMANENTE.
Xunto coa actividade de campaña, o Partido Popular de Ourense mantén unha apretada axenda política que, na mañá de hoxe, estivo centrada nunha reunión cos candidatos dos 37  concellos que están integrados no partido xudicial de Ourense. O presidente provincial do PP, despois de recoller as achegas dos números uno da lista, lembrou os obxectivos que a formación ourensá marcouse para estes comicios, “e para os que vimos traballando desde o minuto uno tras as eleccións do 2015, pois se algo nos caracteriza é estar sempre en permanente actividade, haxa ou non eleccións”.

MITINS EN CEA, MASIDE,  MACENDO E LEIRO.
As citas do día da caravana popular tiveron hoxe como escenario os  concellos de San Cristovo de Cea, Maside e Leiro. En Cea, Manuel Baltar quixo agradecer o novo reto que asume o candidato, José Luis Valladares, “nun  concello que posúe unha riqueza patrimonial de primeira orde e produtos de calidade de gran prestixio como o pan de Cea”. 

O presidente popular deu tamén a benvida ao proxecto popular a Luis Jorge Álvarez, que lidera a lista do PP en Maside, de quen destacou “a súa experiencia na xestión pública, que é o que precisa un  concello que ten moito máis que ofrecer do que a  vecinanza recibiu en todos estes anos”.

Xa en Leiro, Baltar felicitou a Francisco Fernández, candidato á alcaldía, pola súa condición de senador, tras revalidar o seu escano nas pasadas eleccións xerais, sinalando que a súa presenza na cámara territorial é a demostración do seu concepto de política local, “sempre vinculada ao futuro da comarca e da provincia”.

Tamén a localidade de  Macendo, en Castrelo de Miño, acolleu un mitin no que interviñeron o candidato á alcaldía, Avelino Pazos, así como o senador Miguel Ángel Viso e o coordinador de política autonómica do PP ourensán, Miguel Santalices.

APOIO AO EMPRENDEMENTO NO RURAL.
Unha das apostas máis importantes do programa 72-73 de Manuel Baltar está relacionada co reto demográfico, en cuxo marco se engloban os 2 millóns de euros de fondos europeos que recibirá a provincia, destinados ao apoio ao emprendemento. Unha axuda da que se poderán beneficiar os mozos que queiran apostar polos negocios “clásicos” de restauración que no rural son auténticos puntos de encontro para os veciños e familias.




Suscíbete:
Redes Sociales: