Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Locais 2019: O Partido Popular aposta pola descentralización dos servizos da Deputación coa apertura dunha sede en Valdeorras

Imprimir ppou - 15-Maio-2019 - 21:12:20 



• O presidente provincial e candidato á presidencia da Deputación, Manuel Baltar, destacou que a comarca é un dos motores da economía ourensá, onde sobresaen a lousa e o viño “pero onde tamén está chamado a xogar un papel moi importante o sector agroalimentario, polo que tamén imos apostar decididamente en toda a provincia”.

15, maio, 2019.

Valdeorras é unha das comarcas máis importantes do noso territorio, “sen a que é imposible entender a provincia e cuxos  concellos e veciños merecen os mellores servizos e de maior calidade”. Sobre esta premisa, o presidente provincial do PP e candidato á presidencia da Deputación, Manuel Baltar, comprometeu para o próximo mandato a apertura dunha sede comarcal da institución provincial, “coa que completaremos todas as iniciativas que puxemos en marcha nestes anos”.

  
  
Manuel Baltar destacou que Valdeorras é un dos motores da economía ourensá onde sobresaen a lousa e o viño, “pero onde tamén está chamado a xogar un papel moi importante o sector agroalimentario, polo que tamén imos apostar decididamente en toda a provincia”.

O candidato á presidencia da Deputación defendeu que o oriente ourensán sempre estivo presente na axenda do goberno popular, citando expresamente o Consorcio de Augas de Valdeorras, constituído en 2013 co apoio da Xunta de Galicia e que supuxo a posta en marcha dun proxecto piloto único en Galicia, para a prestación dun servizo supramunicipal de depuración e abastecemento de augas, incluíndo a explotación de fosas  sépticas, do que se benefician preto de 30.000 habitantes de nove  concellos.

Manuel Baltar puxo tamén a énfase na cooperación “con todos e cada un dos  concellos desta zona a través dos plans provinciais de obras e de empregabilidade, “así como todas aquelas iniciativas encamiñadas a incrementar a calidade de vida da  veciñanza”. Aludiu así, ademais, á colaboración con entidades sociais como Asfaval, a cooperación coa Asociación de Empresarios de Valdeorras ou, no ámbito cultural, co Instituto de Estudos Valdeorreses.

O presidente provincial quixo tamén subliñar un produto “no que somos líderes internacionais, como a lousa”, anunciando para outubro deste mesmo ano –tal e como se inclúe no programa de goberno provincial 72-73- unha nova etapa no ámbito da colaboración coas empresas do sector a través do Clúster da Lousa, para impulsar a promoción, venda, competitividade e innovación”.

  
  
MITINES EN RUBIÁ, LAROUCO E TOÉN.
Manuel Baltar anunciou a apertura dunha sede comarcal da Deputación en Valdeorras durante a xornada de campaña que o Partido Popular de Ourense desenvolveu hoxe nos  concellos de Rubiá e Larouco, onde apoiou coa súa presenza aos candidatos á alcaldía, Elías Rodríguez e Patricia Lamela, respectivamente.  Do primeiro destacou “o traballo constante e o seu carácter dialogante, pero reivindicativo, características básicas para estar á fronte dunha alcaldía”. De Patricia Lamela, que lidera por primeira vez a candidatura do PP en Larouco, dixo que se trata dunha persoa “que ten clara a filosofía de traballo do noso partido, que non é outra que equipo, ilusión e esforzo”, agradecendo ademais os 22 anos dedicados ao  concello por parte do actual rexedor, Joaquín Prieto.

A caravana popular concluíu a xornada en Toén, arroupando ao novo candidato popular, Ricardo González, “quen tivo a oportunidade de aprender dun gran mestre da política local como Amancio Cid”, o rexedor actual e do cal encomiou a decisión de dar paso a unha nova xeración.


MAPA PROVINCIAL DE EMERXENCIAS.
O programa de goberno 72-73 inclúe unha mención específica ao ámbito da seguridade co deseño dun mapa provincial de emerxencias, que inclúe a creación de dous novos grupos GES e a comarcalización dos bombeiros da cidade de Ourense, facilitando en liñas xerais a coordinación de todos os equipos de socorro e extinción de incendios despregados polo territorio ourensán. 

  
  
Unha materia na que o goberno de Manuel Baltar xa deu significativos pasos durante o mandato recentemente finalizado coa creación do Consorcio Provincial contra Incendios, a posta en marcha do parque de bombeiros do Carballiño-Ribeiro, a colaboración económica co servizo da Mancomunidade Terra de Celanova, o financiamento íntegro dos bombeiros do polígono de San Cibrao das Viñas ou o apoio aos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), dos que asumiu a parte económica que deberían achegar os  concellos.


Suscíbete:
Redes Sociales: