Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Locais 2019: Manuel Baltar defende “o valor do pensamento galeguista do PP para reforzar a nosa identidade como provincia”

Imprimir ppou - 12-Maio-2019 - 21:29:09 

   
   

• O presidente provincial e candidato á presidencia da Deputación afirmou hoxe que o galeguismo “como un dos principais valores da acción política do Partido Popular”, se reflicte en todas e cada unha das medidas do programa de goberno 72-73.

12, maio, 2019.

O programa de goberno 72-73 co que Manuel Baltar presenta a súa candidatura á presidencia da Deputación ten impregnado en todas e cada unha da súas medidas “o valor do pensamento galeguista, para reforzar a nosa identidade como provincia”. O presidente provincial popular defendeu hoxe así un dos principais valores da acción política do PP, “que nos permite loitar como ninguén pode facelo polos intereses de Galicia, por riba de calquera outro, e desde unha óptica ourensá”.

“O Partido Popular de Ourense é a única formación política que repite constantemente a súa filosofía, o seu pensamento e a súa acción galeguista”, enfatizou Manuel Baltar no xantar-mitin que en Celanova congreou a 200 persoas, entre elas os candidatos ás alcaldías da comarca, o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, o representante da xunta directiva popular de Galicia, Francisco Conde, e o presidente de Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo. Unha reflexión, dixo, que “ten como escenario a unha terra que é sinónimo de cultura e de persoeiros como Curros Enríquez ou Celso Emilio Ferreiro”, citando ademais a figura de Antón Losada Diéguez, pois nesta tarde de campaña os populares tamén visitaron Boborás.

Precisamente a referencia a Antón Losada serviu ao candidato á presidencia da Deputación para lembrar que en 2020 celebrarase o cen aniversario da edición do primeiro número da revista Nós, “impulsada por unha xeración absolutamente fundamental na historia dunha Galicia que hoxe goza de autogoberno e polo que tanto loitaron aqueles galeguistas”.

Ese pensamento, engadiu, forma parte da identidade do Partido Popular e da súa política, como se reflicte no plan de goberno 72-73 que reserva accións especialmente dedicadas á Xeracións Nós, pero tamen máis dunha vintena de propostas específicas no ámbito da cultura como a creación na capital da provincia dun espazo para a fundación de escritores, a celebración o próximo ano do Congreso Internacional da Cultura Galega, a proposta da candidatura de Ourense como capital creativa da Unesco, plans para a recuperación do Instituto Padre Feijoó, de conservación do patrimonio fotográfico ourensán, de apoio ás bibliotecas rurais, a celebración dos 800 anos do nacemento de Alfonso X “O Sabio” ou un centro de interpretación da imprenta incunable de Monterrei.

O goberno provincial xa demostrou neste mandato ese compromiso coa acción galeguista, subliñou Manuel Baltar, lembrando algunhas das iniciativas desenvolvidas desde a Deputación neste tempo como a exposición en Ourense do cadro de Castelao “A derradeira Leición do mestre”, o pulo a declaración do 17 de agosto como Día da Galicia Martir ou a homenaxe permanente a Rodolfo Prada, albacea testamentario e valedor de Castelao na Arxentina.
 
BOBORÁS, PIÑOR E RAMIRÁS
A xornada de campaña dos populares ourensáns pola provincia tamén tivo como escenario os concellos de Boborás, Piñor e Ramirás, onde o presidente provincial apoiou coa súa presenza aos candidatos á alcaldía, Patricia Torres, José Luis González e Juan Carlos Rodríguez, para os que pediu o apoio maioritario da veciñanza “que lles permita desenvolver os seus proxectos e participar da visión integral da provincia que defendemos desde o PP”.

Unha perspectiva provincial que Manuel Baltar destacou a primeiras horas da mañá nun acto organizado pola xunta local de Ourense, para presentar proxectos estratéxicos que dean máis valor ao río Miño, sinalando a colaboración que a Deputación prestou ao Concello de Ourense en actuacións nesta zona, como o acondicionamento dos accesos ou a instalación de novas luminarias na zona termal.

   
   


Suscíbete:
Redes Sociales: