Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Locais 2019: Manuel Baltar reivindica a capacidade política do Partido Popular “para facer unha xestión con maiúsculas”

Imprimir ppou - 12-Maio-2019 - 10:45:59 

• Débeda “0”, os maiores remanentes de tesourería e anticipación na aprobación dos orzamentos foron os fitos destacados hoxe en campaña polo presidente provincial e candidato á presidencia da Deputación, que permitiron “atender máis e mellor ás necesidades dos concellos e da veciñanza, deseñando unha carta de servizos de calidade que non deixou de medrar en prestacións”.

• Nunha ampla axenda, os populares celebraron mítines en Vilar de Barrio, Vilamarín, Barbadás e Verín, estes dous últimos coa presenza do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, ademais dunha homenaxe ao alcalde Taboadela, Manuel Gallego.
 
11, maio, 2019.

A recuperación da facenda provincial, pasando dun endebedamento do 116 % á débeda “0”, xunto cos remanentes de tesourería máis altos da historia, cunha media de 30 millóns de euros, foron dous dos fitos económicos destacados hoxe en campaña polo presidente provincial do PP e candidato á presidencia da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. A consecución destes obxectivos, recollidos no plan de mandato 15-19, leváronno a reivindicar a capacidade política do Partido Popular “para facer unha xestión con maiúsculas nos tempos máis difíciles da historia económica na democracia española”. 
Para gobernar, sinalou o candidato á presidencia da Deputación, “primeiro hai que saber xestionar e para elo a planificación é básica, por iso aprobamos antes que calquera administración pública en España os orzamentos do ano seguinte”. Cos froitos dese traballo de recuperación da facenda, explicou, “o goberno provincial puido atender máis e mellor ás necesidades dos concellos e da veciñanza, deseñando unha carta de servizos de calidade que non deixou de medrar en prestacións”.

Débeda “0”, remanentes e orzamentos constituíron premisas básicas para elaborar as 124 medidas que recolle o plan de mandato 72-73, “que reflicten as potencialidades da nosa provincia en todos os sectores, a situación particular de cada concello e, por vez primeira, actuacións supramunicipais que xurdiron logo do estudo e análise conxunto que todos os candidatos do PP ourensán, reunidos por comarcas, realizaron nunha xornada de traballo.

O resultado destas eleccións, asegurou Manuel Baltar facendo unha similitude co AVE, “van supoñer un antes e un despois na historia desta provincia, cun goberno provincial que seguirá a ser a locomotora do noso territorio e que, precisamente, vai sacar o maior proveito da oportunidade histórica que nos brinda a chegada da alta velocidade a Ourense”.
 
TABOADELA, VILAR DE BARRIO, BARBADÁS, VERÍN E VILAMARÍN
A xornada de campaña do PPOU comezou hoxe cunha homenaxe ao alcalde de Taboadela, Manuel Gallego, que logo de 47 anos como rexedor e 52 como concelleiro ven de poñer fin á súa traxectoria política, cedendo o relevo como candidato á alcaldía a Antonio Paz. Diante dun cento de persoas, Manuel Baltar, agradeceu “a lealdade e traballo dun home que dedicou medio século da súa vida ao seu pobo”, destacando que os veciños de Taboadela sempre valoraron ese compromiso dándolle en todas as eleccións a súa confianza maioritaria.

O seguinte acto do día tiña como escenario Vilar de Barrio, onde o presidente provincial arroupou a Manuel García, novo candidato popular que  toma o relevo a Julio Pérez Carballo, o actual rexedor.

En Barbadás e Verín, ambos os dous candidatos, Consuelo Vispo e Juan Manuel Jiménez, tamén estiveron acompañados por Manuel Baltar e, desta volta, polo presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

Ademais, o secretario xeral do PP ourensán, Rosendo Fernández, participou no mitin celebrado en Vilamarín, apoiando ao candidato popular Amador Vázquez. 























Suscíbete:
Redes Sociales: