Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Locais 2019: O PP quere situar a Barbadás nun lugar “visible” na vida política provincial logo do 26 de maio

Imprimir ppou - 09-Maio-2019 - 10:50:04 


• Na presentación da candidatura que encabeza Consuelo Vispo, o presidente provincial subliñou a oportunidade que ten a veciñanza para acabar coa deixadez destes catro anos de mandato.

• A número uno da lista afirmou que no seu equipo e no seu programa se reflicten “as novas ideas, proxectos de futuro, forza, dedicación e compromiso para por en marcha unha política, unhas prioridades e unha escala de valores diferentes”.

8, maio, 2019.

A sede do PP de Barbadás foi esta tarde o escenario da presentación da candidatura que a formación popular presenta neste concello ás eleccións municipais do próximo 26 de maio, encabezada por Consuelo Vispo, e que ten como obxectivo “situar a Barbadás nun lugar visible na vida política provincial”, dixo o presidente dos populares ourensáns, Manuel Baltar.

  
  
Consuelo Vispo, declarou o presidente, “ten unha experiencia contrastada tanto no equipo de goberno como desde a oposición e agora foi quen de construír unha candidatura renovada para dirixir este concello”, compromiso que agradeceu ao igual que ás persoas que aceptaron formar parte do seu equipo.

Nestes anos, engadiu, Barbadás sufriu á total deixadez dos grupos políticos que pretendían gobernar o concello “e desde o Partido Popular temos a oportunidade de mudar esta situación o 26 de maio”. Hai catro anos, apuntou Manuel Baltar, Consuelo Vispo gañou as eleccións co apoio maioritario da veciñanza, “confianza que non foi respectada ppolos partidos perdedores que asumiron a xestión da vida municipal sen proxecto de futuro, como así vimos neste tempo”.

Pola súa banda, a cabeza de lista do PP en Barbadás presentou a unha candidatura integrada “por un equipo humano con experiencia e novas incorporacións, que coñecen a realidade e as carencias do concello”.

No programa electoral, dixo, se reflicten “as novas ideas, proxectos de futuro, forza, dedicación e compromiso de cada un deles, para por en marcha unha política, unhas prioridades e unha escala de valores diferentes”.

Estes catro anos, lamentou, “Barbadás retrocedeu e non podemos perder máis tempo para deixar atrás a apatía e a desidia do goberno local, recuperando a confianza e a credibilidade da veciñanza”.


Suscíbete:
Redes Sociales: