Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Locais 2019: Manuel Baltar presenta un programa de goberno para Deputación con 124 medidas que defenden unha visión integral de provincia

Imprimir ppou - 09-Maio-2019 - 10:40:56 


Para o presidente do PP e candidato á presidencia da institución, o Plan 7273 supón “xogar coas cartas boca arriba, falar de xestión e de futuro non só para os 92 concellos de xeito individual, senón de realidades ambiciosas para unha provincia que vai vivir nos proximos anos momentos históricos”.

8, maiol, 2019.

O presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, presentou hoxe o su programa electoral que, como candidato á presidencia da Deputación de Ourense, “se converterá no plan de mandato do goberno provincial que aspiramos a revalidar logo das eleccións do 26 de maio”. Para Manuel Baltar, esta nova iniciativa supón “xogar coas cartas boca arriba, pensar en clave de provincia, falar de xestión e de futuro non só para os 92 concellos de xeito individual, senón tamén cunha visión integral de provincia que defendemos no PP e especialmente na miña persoa, co denominado plan 7273”.

  
  
Non se trata só de compromisos, sinalou, “senón de realidades ambiciosas para unha provincia que vai vivir nos proximos anos momentos históricos”, como a chegada da alta velocidade, a apertura do Centro Galego de Innovación da Formación Profesional, a celebración dos cen anos da Xeración Nós, a declaración da Ribeira Sacra como patrimonio mundial ou a posta en valor dos camiños de Santiago que percorren a provincia, con motivo do Xacobeo 2021.

Sobre o Plan 72-73, “que vai da man dos programas individuais dos concellos”, Baltar destacou que non se trata dun programa electoral ao uso, posto que as 124 medidas que inclúe fixan ano e mes de cumprimento, “pero tamén desta volta día e hora de implantación, como autoesixencia de goberno”.

Á hora de citar cuestións concretas, o presidente popular comezou falando do reto  demográfico, perspectiva que se incorporou xa neste mandato aos servizos sociais, coa proposta de creación dun área de demografía a través dunha comisión específica de traballo. Tamén falou da posta en marcha do Observatorio do Medio Rural, da man da Universidade de Vigo, “que non existe en ningunha outra administración”. Ademais, en clave das persoas, proporá a apertura dunha oficina do emigrante,  “para que os retornados teñan un punto único de referencia á hora de iniciar unha nova etapa da súa vida”.

Destacou por outra banda a firme aposta polo sector agroalimentario, con plans estratéxicos para os produtos con denominación de orixe, ou o sector forestal coa creación do consello provincial de asociaciónsde montes en man común e un dun centro tecnolóxico forestal de Galicia. E no ámbito turístico e de infraestruturas de ocio, o parque acuático de Monterrei xa en fase de estudo coa Xunta de Galicia e que figuraba no plan estratéxico de termalismo do Concello de Ourense e no plan Ourense, provincia termal.

Apuntou tamén un aspecto novidoso como as accións comarcais, formuladas polos candidatos nunha xornada de traballo para incluír medidas supramunicpais nas que a Deputacion estea chamada a xogar un importante papel.

Cuestións concretas, dixo o presidente dos populares ourensáns, “que  estou esperando a coñecer das outras formacións e debater con outros candidatos sobre a base dun programa “que sei que non existe, porque nos outros partidos non hai preocupación pola provincia”.
 
RESUMO DO PLAN DE MANDATO 15-19
Sobre o plan 15-19, o programa de goberno deste último mandato, Manuel Baltar cifrou o seu cumprimento en case o 80 %, “o que non quere dicir que a porcentaxe restante non se vaia cumprir, senón que forma parte tamén das obrigas dos próximos catro anos”.  Ademais, destacou, das 77 medidas que incluía hai outras 80 que non estaban contempladas e que se executaron neste periodo.

O presidente provincial destacou os seguintes fitos do seu mandato:

• Unha institución con débeda cero, “xestión con maiúsculas nun contexto de austeridade e que nos da solvencia financeira para novos proxectos, como o centro de FP, cunha aportación de 5,5 millóns de euros”; o remanente de tesourería máis alto da historia de institución, cunha media de 30 millóns de euros; a aprobación dos orzamentos do ano seguinte no mes de setembro, antes que ningunha outra administración pública, “de feito o borrador dos orzamentos do ano 2020 xa está rematado para someterse a aprobación no próximo pleno de setembro”; ou o rescate do Concello dos Blancos.
• Liderado dos gobernos provinciais en transparencia.
• Liderado da comunicación política e institucional, tanto a nivel de deputacións como de presidentes provinciais.
• Apoio ao sector termal, co plan termal a executar en colaboración coa Xunta de Galicia, “un posicionamento importante de Ourense, que acolleu a asemblea da rede termal europea que integramos 51 territorios termais de 20 nacións e do que son o candidato único á súa presidencia”.
• Presencia en foros nacionais e internacionais, onde deben ter protagonismo as provincias. No tocante ao ámbito nacional, a xunta de goberno da FEMP; a vicepresidencia da Asociación Española de Concellos e Asociacións de Concellos con Centrais Hidroeléctricas;  e o Comité Permanente da Fundación Democracia e Goberno Local  que preside a Deputación de Barcelona.
• A nivel internacional, a entrada no Consello Político de Partenalia e a elección unánime de Manuel Baltar como presidente, “á fronte da que conseguimos unha gran noticia que foi o acordo para que no próximo marco financeiro plurianual as provincias sexamos non só xestoras de fondos comunitarios senón destinatarios directos, con por exemplo 13.000 millóns de euros para reto demográfico; a vicepresidencia da Confederación Europea de Poderes Locais Intermedios, onde a Deputación de Ourense é a única representante española de máis de 1.000 provincias europeas representadas.
• A aposta pola cultura, coa exposición In Tempore Suevorum que recibiu máis de 45.000 visitantes; o rescate do Festival de Cine de Ourense, que xa ten o triple de orzamento para o 2019; o mantemento do premio de novela longa Eduardo Blanco Amor;  a xestión directa do Museo Galego do Entroido; a exposición do cadro de Castelao “A derradeira leición do mestre”; a recuperación da figura de Rodolfo Prada, creando un premio de xestión cultural co seu nome; ou reivindicar desde a Deputación a celebración do Día da Galicia Martir.
• Ademais, en materia de seguridade, a posta en marcha do único Mapa provincial de Emerxencias existente en España; a aportación aos Grupos Supramunicipais de Emerxencia (GES) da parte que lle correspondería aos concellos; ou a posta en marcha do Consorcio Provincial de Incendios.


Suscíbete:
Redes Sociales: