Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Eleccións Xerais 2019: O PP comprométese a seguir adiante coas súas propostas de mellora para os funcionarios de prisións

Imprimir ppou - 16-Abril-2019 - 23:59:03 


• Nunha reunión dos candiatos populares cos representantes sindicais, os candiatos ao Congreso e ao Senado incidiron nas propostas do Partido Popular para este colectivo, como a equiparación salarial, o recoñecemento como axentes da autoridade e o incremento dos cadros de persoal.

16, abril, 2019.

Equiparación salarial, recoñecemento como axentes da autoridade e incremento dos cadros de persoal son as propostas que o Partido Popular formula para a mellora das condicións laborais dos funcionarios de prisións. Así o transmitiron os candidatos populares ao Congreso e ao Senado aos representantes sindicais deste colectivo, cos que mantiveron hoxe unha reunión na sede provincial do PP.
  
  
Os candidatos escoitaron con atención as reividicacións dos funcionarios, que nos seus principais aspectos coinciden coas iniciativas xa presentadas no Congreso polo Partido Popular pero que foron freadas por Sánchez e oa seus aliados de goberno.

Entre as iniciativas da formación popular figuraban, por exemplo, a equiparación salarial dos funcionarios de prisións, como tamén se fixo cos corpos e forzas de seguridade do Estado ou o seu recoñecemento como axentes da autoridade, o que axudaría, segundo dixeron, a diminuír o número de agresións que se está a sufrir este colectivo nos cárceres.

Ademais de recoller a demanda de máis formación, en particular en materia de seguridade, os candidatos tamén recordaron que o Partido Popular impulsou unha convocatoria de 900 prazas para corrixir  as carencias de persoal, o que se complementaría tamén cunha actualización do catálogo de postos de traballo.

Para os candidatos populares, os funcionarios de prisións merecen un maior recoñecemento social polo complexo traballo que desenvolven, de tal xeito que seguirán a loitar por que se aproben as iniciativas presentadas desde o PP.


Suscíbete:
Redes Sociales: