Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

  Eleccións Xerais 2019: Manuel Baltar defende “o proxecto popular de maiorías fronte a un goberno que ignora a Ourense e Galicia”

Imprimir ppou - 15-Abril-2019 - 23:22:09 


• O PP celebrou hoxe senllos mitines en Celanova e no Carballiño, onde a candidata popular, Ana Vázquez, afirmou que “calquera política que pretenda levar a cabo un goberno ten que ter como piar fundamental a creación de emprego, porque se hai traballo haberá pensións, máis servizos de calidade, máis atención ás persoas, estabilidade e confianza económica”.

15, abril, 2019.

As vilas de Celanova e O Carballiño protagonizaron hoxe os actos de campaña do Partido Popular de Ourense, onde se celebraron senllos mitines coa presenza do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoó, e nos que o presidente provincial, Manuel Baltar, defendeu hoxe “o proxecto popular de maiorías nas urnas fronte a un goberno da nación que ignora a Ourense e a Galicia, chegando ao poder pola ambición persoal dun político que non respectou a vontade dos cidadáns”.

  
  
Manuel Baltar preguntouse onde está o respecto á vontade cidadá “cando Sánchez atreveuse a mudar a decisión maioritaria do pobo e asaltar o poder con tan só o 24 % dos deputados no Congreso”. Ese non é o presidente que merecen os españois “e menos aínda os galegos e os ourensáns, que xa de primeiras fumos marxinados cun proxecto fallido de orzamentos que, con total irresponsabilidade, nos quitaban moitísimos cartos para comprar o apoio daqueles que non queren saber nada de España”.

Esta discriminación interesada, denunciou o presidente provincial, é a principal diferenza co estilo e compromiso do Partido Popular, “que goberna pensando no conxunto da cidadanía e con propostas dirixidas a incrementar o Estado do benestar, non o benestar do Estado con máis impostos para pagar a peaxe dos seus apoios”. Os galegos sábeno ben, “e por iso déronlle ao PP o 55 % da representación no Parlamento de Galicia” e os ourensáns tamén “por iso temos a maior representación provincial na Cámara galega, gobernamos nas dúas terceiras partes dos concellos da provincia e somos o único goberno popular dunha Deputación en Galicia”.

O Partido Popular, engaiu Baltar, “sempre respectou a Galicia e unha proba, entre outras moitas, foi a decisiva aposta do goberno de Mariano Rajoy e da ministra Ana Pastor por impulsar o proxecto de conexión coa meseta a través da alta velocidade”. Hoxe, 27 anos despois da chegada do AVE a Sevilla “e nós coa vista posta no 2020, aínda estamos esperando a que rematen as obras por culpa dunha ministra socialista (Magdalena Álvarez) que meteu nun caixón as aspiracións dos galegos”.

Para o presidente provincial, esta forma de actuar “é a antítese da credibilidade e de confianza nunha formación que en Ourense fix entre os seus unha enorme purga, ata o punto de que veremos se Sánchez recoñece aos seus cando chegue aquí”.

A MELLOR POLÍTICA, A CREACIÓN DE EMPREGO
“Calquera política que pretenda levar a cabo un goberno ten que ter como piar fundamental a creación de emprego, porque se hai traballo haberá pensións, máis servizos de calidade, máis atención ás persoas, estabilidade e confianza”. Esta foi a mensaxe que lanzou pola súa banda a cabeza de lista popular ao Congreso, Ana Vázquez, nas súas intervencións en Celanova e no no Carballiño.

Vázquez avaliou con datos a súa afirmación, comparando as cifras de emprego do goberno de Mariano Rajoy e os nove meses do executivo de Sánchez, “nos que non só conseguíu frear o crecemento económico senón botar abaixo a contratación indefinida ante a inseguridade xerada coas súas medidas”.

  
  
“Como vai explicar Sánchez -preguntou a candidata- os máis de 126.000 traballadores que perderon o seu emprego desde que chegou ao goberno ou o aumento do 26 % dos ERE desde xaneiro, que xa afectan a máis de 300 empresas e máis de 3.000 traballadores en toda España”. Mentres, co PP e só en Ourense, o desemprego baixara máis do 31 % ata xuño de 2018 e o paro entre mozos descenderá case un 58 %.

Ana Vázquez referiuse á conversa mantida hoxe mesmo cos mozos empresarios de Ourense, dos que se recolleu as súas inquedanzas pola incertidume económica que están a xerar as medidas de Sánchez. Fronte a esa inseguridade, “o Partido Popular presenta unha serie de medidas que profundizarán na flexibilidade do mercado de traballo, no fomento da contratación indefinida, en novos mecanismos que penalicen a contratación temporal inxustificada, propostas para reter o talento e ser máis competitivos nun mercado cada vez máis globalizado, prestando especial atención á dixitalización empresarial e á formación profesional dual”, sen deixar de citar no ámbito do emprendemento, “no que os mozos teñen un especial protagonismo”, a posibilidade de crear unha empresa en sete días.


Suscíbete:
Redes Sociales: