Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
XVIII Congreso do Partido Popular
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 ELECCIÓNS XERAIS 2019: Manuel Baltar: “Desde A Rúa imos retirar ao Goberno da chantaxe, do paro e de quen nega a unidade de España”

Imprimir ppou - 12-Abril-2019 - 19:05:50 


• “Tres de tres é o noso reto”, afirmou o presidente provincial referíndose aos obxectivos do PP de Ourense para estas eleccións –tres deputados e tres senadores- “o que xa fumos quen de conseguir en xuño de 2016 e agora lograremos con Avelino García”.

12, abril, 2019.

A Rúa foi hoxe o escenario elixido polo Partido Popular de Ourense para iniciar a campaña  electoral ás eleccións xerais do 28 de abril, un lugar “desde o que imos retirar ao Goberno da chantaxe, do paro e de quen nega a unidade de España”, dixo o presidente  provincial, Manuel Baltar, no primeiro mitin dos populares ourensáns e no que tamén abriu campaña o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoó.

“Tres de tres é o noso reto”, afirmou Manuel Baltar referíndose aos obxectivos do PP de Ourense para estas eleccións –tres deputados e tres senadores- “o que xa fumos quen de conseguir en xuño de 2016”. O presidente provincial recoñeceu desear o inicio desta campaña “para pedir o voto e retirar a quen nunca debeu estar á fronte do goberno de España, porque tamén nos xogamos o futuro de España e, en 44 días, o da Rúa”.

Esta non é unha campaña máis, subliñou o presidente provincial, “senón que é a campaña do medio rural, do reto demográfico, da recuperación da economía e da credibilidade internacional, a campaña dun partido de goberno que soubo sacar a España da maior crise vivida en corenta anos”.

Para este obxectivo, destacou, os populares ourensáns teñen aos mellores candidatos ao Congreso e ao Senado que darán todo por Ourense , por Galicia e por España. “De oito posibles temos agora seis e o voto verdadeiramente útil ten nomes e apelidos na Rúa e en todo Valdeorras, Avelino García”. 

Non faltaron unhas palabras dedicadas ás candidatas e candidatos de Petín, Manzaneda, Carballeda de Valdeorras, O Barco, A Veiga, Larouco, Vilamartín e Rubiá, aos que transmitiu todo o seu apoio “xa que ninguén dubide que en xuño serán alcaldes desta comarca”.  

O mitin comezou  cunhas palabras do candidato á alcaldía da Rúa, Álvaro Fernández, que pediu “o apoio, a vosa implicación e a unidade do voto de toda a comarca en torno ás siglas do PP”, agradecendo ao presidente da xunta local, Avelino García, que confiara nel para liderar a candidatura ás municipais”.  Una agradecemento que recolleu o propio García animando a conseguir “ese terceiro deputado que será a voz de Valdeorras no Congreso”.

Con anterioridade ao mitin da Rúa, os candidatos do PP e o presidente provincial visitaron A Teixeira, nun acto xa tradicional para a formación ourensá no que exemplifican a súa defensa dos pequenos concellos, “onde viven preto de 130.000 que reivindican os mesmos dereitos e servizos  que o resto dos habitantes de vilas e cidades”, dixo Manuel Baltar.


Suscíbete:
Redes Sociales: