Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Jesús Vázquez: “Só a xente de Ourense pode entender o porqué da miña proposta de normalidade, porque só os ourensáns saben o que viviron nestes últimos anos”

Imprimir ppou - 28-Febreiro-2015 - 18:27:13 

  • O candidato popular á Alcaldía de Ourense interviu no encontro "Novos modelos de Concellos", moderado polo presidente provincial, Manuel Baltar
  • O cabeza de lista do PPOU na cidade de As Burgas explicou o seu modelo de goberno xunto aos candidatos de A Coruña, Lugo e Marín


Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2015.- No marco da Convención Popular'15, que se desenvolve durante toda esta fin de semana no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, o candidato popular á Alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez Abad, explicou o seu modelo de concello para os vindeiros catro anos. Foi durante a súa intervención no encontro con dirixentes "Novos Modelos de Concellos". Este encontro estivo moderado polo presidente provincial do PPOU, Manuel Baltar, e nel participaron os candidatos de A Coruña, Carlos Negreira; o de Lugo, Jaime Castiñeira; a cabeza de lista por Marín, María Ramallo; e o candidato dos populares na cidade de As Burgas, Jesus Vázquez.

Manuel Baltar lembrou que restan 84 días para as Eleccións Municipais, tempo no que os populares "seguimos gobernando e seguimos facendo política. Temos que aproveitalo e é o que imos facer". Manuel Baltar sinalou que só existen dous modelos de concellos: "O da xestión e a seriedade, e outro modelo, no que só interesa que non goberne a lista máis votada". Un modelo, o dos bipartitos, "que na Xunta hai xusto mañá seis anos que desterramos co goberno do PP".

En plena fase de elaboración de programas, "a ilusión é a de elexir a papeleta do Partido Popular, que significa xestión e saber facer". Lembrou tamén Baltar que nas eleccións do 24 de maio tamén se configurarán as Deputacións, claves na cooperación cos pequenos municipios.

Na súa presentación, Manuel Baltar, tras lembrar a labor do actual voceiro do Grupo Municipal do PP de Ourense, Rosendo Fernández "destapando as vergonzas do goberno ourensán", referiuse a Jesús Vázquez como "o único candidato capaz de devolver a cor a unha cidade, Ourense, gobernada hai máis de sete anos en branco e negro. Suporá un antes e un despois".

Durante a súa intervención, o candidato do Partido Popular en Ourense sinalou que afronta o reto con ilusión e ganas por mudar a inercia na que se atopa sumido o Concello de Ourense. "Quero devolverlle a ilusión aos ourensáns. Devolver ao Concello á normalidade, con propostas en positivo, desterrando a crispación e conformando un goberno con xestores nos que os ourensáns se sintan ben representados".

Jesús Vázquez dixo que a súa proposta está baseada "no que non se debe volver a facer nunca". "Queremos reflexar o que nos pide a xente día a día, buscando novos modelos que resolvan os problemas dos nosos veciños. A xente quere vivir en cidades normais, con xente normal, gobernadas por xente honrada, preparada que plantexan proxectos de futuro primando a colectividade".

"Só a xente de Ourense pode entender o porqué da miña proposta de normalidade, porque só a xente de Ourense sabe o que viviron nestes últimos anos". Jesús Vázquez explicou que o seu modelo de cidade debe ser accesible, cómoda, cun goberno eficaz, onde o protagonismo o acaden os seus logros e non as liortas de equipos de goberno mal achegados. Fai falta honestidade, xestión e diálogo. Compre un consenso que debe nacer do diálogo, da análise e o respeto mutuo. E é moi necesario rachar coas desigualdades e as barreiras, cunha administración local áxil e cos seus xestores conectados co día a día, cos cidadáns, e mantendo o máximo respecto cara os funcionarios. E non podemos esquecer os servizos sociais e o emprego".

Pese á "desastrosa herdanza", Jesús Vázquez abogou polas políticas activas baseadas "naquelo que sabemos facer ben e naquel recurso inimitable que temos: a nosa riqueza termal. A Deputación, a Xunta e o Goberno Central deben axudarnos a explotar ese caudal, non só para o desfrute dos ourensáns. Toda Galicia e toda España debe disfrutar das nosas bondades termais". Por último, concluiu afirmando que "con feitos, e cun goberno de todos e para todos, conseguiremos rachar co populismo".


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: