Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PPOU invita aos ourensáns a aportar ideas e suxestións aos seus Programas Electorais Participativos

Imprimir ppou - 28-Xaneiro-2015 - 12:16:45 

  • O coordinador do Comité de Campaña, Jorge Pumar, así como os responsables dos Programas Electorais, Cristina Romero e César Fernández, explicaron hoxe en rolda de prensa os novos mecanismos web para achegar propostas, así como un número de teléfono (635 92 92 92) para envialas a través de whatsapp

  • Por primeira vez na historia, o candidato do PPOU á Presidencia da Deputación Provincial, Manuel Baltar, presentará á cidadanía un Programa Marco Electorial Provincial, cunha visión integral da provincia de Ourense. Será o día 31 de marzo ás 11.00 horas

Ourense, 28 de xaneiro de 2015.- A sede provincial do PP de Ourense acolleu esta mañá unha rolda de prensa na que o coordinador do Comité de Campaña, Jorge Pumar, así como os responsables dos Programas Electorais, Cristina Romero e César Fernández, explicaron hoxe en rolda de prensa os novos mecanismos web para achegar propostas, así como un número de teléfono (635 92 92 92) para envialas a través de whatsapp.

Cristina Romero iniciou a súa intervención lembrando a cita desta pasado fin de semana en Madrid, coa Convención Nacional do PP. Relatou que esta Convención foi un éxito no seu desenvolvemento, funcionando como foro de debate interno, onde se compartiron reflexións e experiencias para verificar o moito que se leva feito ata o de agora e moito que queda por facer.

"Interviron más de 200 persoas explicando a súa experiencia tanto dende o goberno como dende a oposición: alcaldes, voceiros municipais, deputados nacionais, autonómicos, conselleiros, presidentes de CCAA e ministros. O PPOU de Ourense tivo unha activa participación con 36 asistentes, encabezados polo presidente provincial Manuel Baltar, e coa intervención da nosa senadora e Alcaldesa de Cartelle Carmen Leyte (como exemplo do bo facer dende que asumiu a alcaldía hai 24 anos), así como da intervención de Rosendo Fernandez en torno á súa experiencia como voceiro municipal na oposición (como exemplo do mal facer do goberno socialista e dos bipartitos)".

"Na Convención volveuse a demostrar que o PP é un gran partido, unido ao servizo de España. E que Grazas ao esforzo de todos hoxe falamos de recuperación económica. España está protagonizando unha recuperación que era impensable fai 2 anos. Os socialistas deixaron un país ao borde do rescate. A boa xestión do goberno e a política de reformas levadas a cabo, evitou esa situación", sinalou Cristina Romero. Como conclusión, recalcou que na Convención Nacional quedou claro que "o PP é a única alternativa real de goberno do noso país. Queremos renovar noso compromiso con todos os españois, pois somos a única garantía de que España avance, xa que o PP ofrece estabilidade, seguridade, moderación, liberdade e igualdade de todos. Un partido comprometido cas persoas e coa resolución dos seus problemas".

Pola súa banda, o coordinador de Programas Electorais Locais, César Fernández, explicou que, por primeira vez na historia, o PPOU presentará á cidadanía un Programa Marco Electorial Provincial, cunha visión integral da provincia de Ourense. "De feito, xa na Convención Provincial de Candidatos, que celebramos o pasado 20 de decembro no Carballiño, o noso presidente provincial, Manuel Baltar, anunciara que ás 11 horas do 31 de marzo, día no que se publicará no BOE a convocatoria das Elección Municipais, presentará formalmente como candidato á Presidencia da Deputación Provincial o seu programa electoral", dixo César Fernández. "Calquera persoa que queira colaborar na redacción dos programas electorais, provincial e locais, do PPOU poderá facelo. Queremos programas electorais abertos e participativos, que recollan todas as propostas que nos acheguen os ourensáns. Propostas que o PP de Ourense asumirá, asinará e se comprometerá a cumprir".

César Fernández avanzou que o PPOU ten fixados cinco eixos fundamentais e comúns a tódolos concellos da provincia sobre os que pivotará o Programa Marco Electoral Provincial:

- Transparencia

- Emprego

- Xuventude

- Servizos Sociais

- Turismo Cultural

"Estos eixos poderán ser completados ou complementados con tódalas achegas que nos transmitan os cidadáns e os propios alcaldes e candidatos. Entendemos que a participación da cidadanía é clave para acadar un programa electoral provincial, así como os programas electoriais locais, que aglutinen tódalas sensibilidades e as demandas que máis preocupan aos cidadáns no tocante ás administracións locais e provincial. E para elo, tampouco esquecemos a formación no que a novas tecnoloxías se refire, onde o PPOU é a forza política que máis se achega aos ourensáns, non só no contacto presencial coa xente, senón a través tamén das redes sociais e das ferramentas web que poñemos a disposición de tódolos cidadáns da provincia", matizou César Fernández.

Por último, o coordinador do Comité de Campaña do PPOU, Jorge Pumar, explicou que o Partido Popular de Ourense está en permanente contacto cos cidadáns, tanto a través do trato persoal como nas redes sociais.

"Así se demostra esta aplicación de "Programas Electorais Participativos" que temos na nosa web dende a Convención Provincial de Candidatos, o 20 de decembro no Carballiño. Fomos a primeira provincia de Galicia en ter constituído o Comité de Campaña e asignados os 91 dos 92 candidatos",
dixo Jorge Pumar. "Dende aquela recibimos múltiples ideas e suxerencias para a elaboración tanto do Programa Marco Provincial como dos 92 concellos. A esencia da política hoxe é a mesma, pero agora existen novas canles de comunicación que o Partido Popular de Ourense quere aproveitar ao máximo para estar en contacto permanente cos cidadáns, polo que ademais da aplicación web, tamén poñemos en marcha a partir de hoxe un número de Whatsapp (635 92 92 92) para que calquera persoa poida aportar a súa idea ou suxerencia para o seu concello ou para a provincia".

Por último, Jorge Pumar manifestou que "nos gustaría que os cidadáns se animen a aportar a súas ideas ou suxerencias xa que os programas teñen que ser fiel reflexo das demandas e necesidades dos veciños. Todo isto é complementario o labor que vén desenvolvendo o Partido Popular de Ourense, de estar en permanente contacto cos veciños, e así durante o próximo mes teremos reunións por partidos xudiciais con todos os Alcaldes, Portavoces e Presidentes Locais".





(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: