Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Moisés Blanco se interesa no Parlamento de Galicia polos apoios da Xunta para a promoción dos viños da Denominación de Orixe de Valdeorras

Imprimir ppou - 26-Xaneiro-2015 - 10:48:01 

  • Esta denominación de orixe esténdese por unha superficie de 1.157 hectáreas, nas que operan cerca de 1.500 viticultores cunha produción que supera os 5,3 millóns de quilogramos de uva. Se elaboran máis de 4 millóns de litros de viño por ano, cun valor estimado superior aos 18 millóns de euros.
  • O deputado do Grupo Popular salienta "o importante esforzo das empresas pola súa internacionalización", que permitiu máis que duplicar as cifras de exportación deste viño entre 2007 e 2012


Santiago, 25 de xaneiro de 2015.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco cuestionará ao Goberno galego pola contía dos apoios outorgados para a promoción dos viños amparados pola denominación de orixe Valdeorras e para o funcionamento do seu Consello Regulador. Blanco salienta o "importante esforzo que están a facer as empresas pola súa internacionalización", permitindo máis que duplicar as cifras de exportación do viño con denominación de orixe Valdeorras entre os anos 2007 e 2012.

A denominación de orixe Valdeorras está situada na parte nororiental da provincia de Ourense, ocupando superficie vitícola dos concellos de Larouco, Petín, O Bolo, A Rúa, Vilamartín, O Barco, Rubiá e Carballeda de Valdeorras. Na actualidade, esta denominación de orixe esténdese por unha superficie de 1.157 hectáreas, nas que operan cerca de 1.500 viticultores cunha produción que supera os 5,3 millóns de quilogramos de uva. Se elaboran máis de 4 millóns de litros de viño cada ano, cun valor estimado superior aos 18 millóns de euros.

Moisés Blanco subliña "o traballo que veñen desenvolvendo nos últimos anos as empresas vitícolas de Valdeorras pola internacionalización do seu viño, animadas pola puxanza de novos mercados e o retraemento do mercado español". Así mesmo, puxo de manifesto "os importantes recursos económicos que a Xunta de Galicia ten posto ao dispor destas empresas vitivinícolas para a comercialización e a promoción dos seus produtos".

"As accións que se están a desenvolver tanto por adegas como por consellos reguladores están permitindo abrir novos mercados e consolidar os existentes, de xeito que na campaña 2012-2013 cerca do 20 por cento do viño galego con denominación de orixe vendeuse fóra de España", indicou o deputado popular.

Referíndose en concreto á denominación de orixe de Valdeorras, Moisés Blanco apuntou que as súas exportacións pasaron de 1.210 hectolitros en 2007 a 2.636 en 2012.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: