Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PPOU abre a elaboración dos seus programas electorais á sociedade a través da súa páxina web

Imprimir ppou - 20-Decembro-2014 - 19:47:10 


  • O Carballiño acolleu esta tarde a Convención Provincial de Candidatos e Candidatas do PP de Ourense para as Eleccións Municipais de maio de 2015

  • O presidente provincial, Manuel Baltar, anunciou que as propostas achegadas polos cidadáns aos programas electorais serán incorporadas e asumidas. Adiantou tamén que o Programa Electoral Provincial do PPOU se presentará formalmente o 31 de marzo

O Carballiño, 20 de decembro de 2014.- O Auditorio Municipal de O Carballiño acolleu esta tarde a Convención Provincial de Candidatos e Candidatas do PP de Ourense para as Eleccións Municipais de maio de 2015.

Tal e como salientou o presidente provincial, Manuel Baltar, durante a súa intervención. "O PPOU é a única forza política desta provincia capaz de presentar a día de hoxe aos seus 91 candidatos provinciais". Destacou tamén Manuel Baltar que a media de idade dos candidatos populares ourensáns é de 52 anos. Ademáis, lembrou que dos 91 candidatos hoxe presentados, 22 supoñen unha renovación. Precisamente, salientou as últimas incorporacións a estas candidaturas: Rodrigo Aparicio Santamaría, empresario de profesión e candidato en A Arnoia; e Ángel José Barroso Míguez, funcionario de 37 anos e candidato en Entrimo.

Manuel Baltar, durante a súa intervención, anunciou que o 31 de marzo de 2015, día no que se publique no BOP a convocatoria das Eleccións Municipais, presentará o seu programa electoral provincial, cunha visión integral da provincia de Ourense. E para elo, desde hoxe mesmo a web do ppou (http://www.ppou.es/Propuestas) incorpora un apartado de propostas titulado "Programas en rede". "Calquera persoa que queira colaborar na redacción dos programas electorais, provincial e locais, do PPOU poderá facelo dende a súa casa, enchendo uns formularios online. Queremos programas electorais en rede e abertos, que recollan todas as propostas que nos acheguedes. Propostas que asumiremos, asinaremos e nos comprometeremos a cumprir", recalcou o presidente provincial, Manuel Baltar.

Manuel Baltar lembrou no Carballiño que hoxe, precisamente, se cumpren tres anos da investidura como presidente do Goberno de Mariano Rajoy, quen precisamente viviu os seus primeiros anos da vila do Arenteiro.

Tamén fixo un repaso aos obxectivos do PPOU para os vindeiros comicios, que actualmente ostenta 69 das 92 alcaldías de Ourense, así como a intensa actividade orgánica do PP de Ourense. con 70 congresos locais celebrados a día de hoxe. "Defendemos unha visión integral da provincia, onde todos os municipios contan. Somos reformistas, centristas e galeguistas. E practicamos o verbo máis importante en política: escoitar. Somos unha formación política gañadora como ningunha".

Manuel Baltar definiu á política municipal como "a verdadeira escola da Política" e ensalzou o intenso traballo ao carón dos veciños dos alcaldes e concelleiros da provincia. Tamén fixo unha lembranza sentida a Casimiro Campo, Isauro Pérez e Odilo Masid, candidatos hai catro anos en Maside e Trives e concelleiro en Ourense, respectivamente, falecidos nestes últimos meses.

"Transparencia", como premisa básica, foi outra das claves das que falou Manuel Baltar como sinal de identidade do PP de Ourense. Liña estratéxica e institucional "que trasladamos a aquelas administracións nas que gobernamos", poñendo como exemplo a Deputación Provincial de Ourense.

Previamente ás verbas de Manuel Baltar, as intervencións da convención desta tarde correron a cargo de Argimiro Marnotes (benvida); José Luis Ferro Iglesias ("Cultura e Turismo, a xestión local do Turismo Cultural"); Luz Doporto Real ("La alternativa popular, el modelo de la confianza"); Gabriel Alén Castro ("Facendo futuro. A xestión local no século XXI"); María del Carmen Yáñez Salgado ("O futuro de Ourense pasa polo Termalismo") e Jorge Pumar Tesouro ("Organización política e campaña electoral").

Durante a súa intervención, ao comezo da Convención Provincial de Candidatos do Partido Popular de Ourense, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, salientou que "a pesar de que entre todos, moitos problemas os solucionamos, aínda quedan moitos por solucionar. Pero ninguén nos debe roubar as solucións. Hai algún que pretende proxectarse como o máis grande, e precisan que os problemas sexan máis graves. Eso é minusvalorar á xente e caer no simplismo, cando non se moveu nin un dedo para paliar esta profundísima recesión económica. Desprezan este país e non lles gusta que agora falemos de emprego e non de paro. E non lles gusta porque todo isto o conseguimos co esforzo de todos. Non entendo esa satisfacción por dividir. Frente a súa soberbia, a nosa humildade; frente ao seu ego, o noso servizo. Eles son os salvadores da patria; nós preferimos ser os servidores da patria. Somos o partido que dá a cara, mentres outros lle botan moita cara. Nós estamos aquí para gañar".



CANDIDATOS DO PPOU

(POR XUNTAS ELECTORAIS DE ZONA)




OURENSE:




-Allariz: Luz Doporto Real (42 anos). Licenciada en Psicoloxía e empresaria, é concelleira dende 2007 e portavoz municipal dende 2012.

-Amoeiro: José Ángel Sampayo Fernández (43 anos). Diplomado con máster universitario, é asesor do Grupo Provincial Popular e voceiro municipal dende 2011.

-Baños de Molgas: Eladio Mangana Nóvoa (56 anos). Título de FP, é conceleliro dende 1987, alcalde dende 2003 e actual presidente local do PP. É deputado provincial dende 2009.

-Barbadás: María Consuelo vispo Seara (48 anos). De profesión xestora comercial de entidade bancaria, é concelleira dende 2007 e actual presidenta local do PP.

-Coles: Luis Antonio Iglesias Fernández (59 anos). Prexubilado de banca, é voceiro municipal dende 2011 e actual presidente local do PP.

-Esgos: Marío Rodríguez González (55 anos). Diplomado en Maxisterio, foi teniente de alcalde entre 1999 e 2003, e alcalde dende 2011. É o actual presidente local do PP.

-Maceda: Francisco Javier Nóvoa Rodríguez (70 anos). Empresario, é a súa primeira incursión en política. É o actual presidente local do PP.

-Nogueira de Ramuín: José César Parente Pérez (55 anos). Prexubilado de banca, é concelleiro dende 2003 e alcalde dende 2011. É o actual presidente local do PP.

-Paderne de Allariz: José Manuel Fernández Gómez (60 anos). Concelleiro entre 1983 e 1995, foi teniente de alcalde entre 1995 e 2007 e é o alcalde dende 2007. É o actual presidente local do PP.

-Parada de Sil: Óscar González Prieto (37 anos). Enxeñeiro de montes, é a súa primeira incursión en política.

-Pereiro de Aguiar: Eliseo Fernández Gómez (64 anos). Empresario de profesión, é concelleiro dende 1983 e alcalde dende 1987. Foi deputado provincial entre 2003 e 2007 e volve a ocupar este cargo dende 2011.

-A Peroxa: Manuel Seoane Rodríguez (59 anos). Empresario de profesión, é alcalde dende 1979 e foi deputado provincial entre 1999 e 2007.

-San Cibrao das Viñas: Manuel Pedro Fernández Moreiras (57 anos). Titulado en Formación Profesional, foi concelleiro entre 1987 e 2011 e é o alcalde dende 2011. É o actual presidente local do PP.

-Taboadela: Manuel Gallego Vila (77 anos). Titulado en Formación Profesional, é alcalde dende 1972.

-Toén: Amancio Antonio Cid Pérez (64 anos): Diplomado en Maxisterio, é funcionario e director de entidade bancaria. Alcalde dende 2007, é o actual presidente local do PP.

-Vilamarín: Amador Vázquez Vázquez (67 anos). Enxeñeiro Técnico Industrial, e Graduado Social. É alcalde dende 1983. Foi deputado provincial entre 1983-1999 e senador entre 2000-2010. É o actual presidente local do PP.

-Xunqueira de Ambía: José Luis Gavilanes Losada (61 anos). Empresario e alcalde de Xunqueira de Ambía desde 1979. Foi deputado provincial entre 1993-1995. Presidente local do PP de Xunqueira de Ambía.

-Xunqueira de Espadañedo: Carlos Gómez Blanco (56 anos). Empresario de profesión. Concelleiro en Xunqueira dende 2011 e alcalde dende outubro de 2011. Presidente local do PP de Xunqueira de Espadanedo.



O RIBEIRO:


-A Arnoia: Rodrigo Aparicio Santamaría (52 anos). Empresario de profesión.

-Avión: Antonio Montero Fernández (49 anos). Empregado de banca, é concelleiro dende 2003 e alcalde dende o ano 2005.

-Beade: Senén Pousa Soto (75 anos). Xubilado, é alcalde deste municipio dende 1974.

-Carballeda de Avia: Lorenzo González Rodríguez (30 anos). Empresario de profesión, é licenciado en Ciencias Políticas e da Administración, diplomado en Empresariais, M.B.A. Dirección e Administración de Empresas. É concelleiro dende 2007.

-Castrelo de Miño: Avelino Pazos Pérez (43 anos). Funcionario de profesión, actualmente atópase cursando o Grao de Ciencias Políticas e da Administración. É concelleiro dende 2011.

-Cenlle: Gabriel Alén Castro (37 anos). Profesor, diplomado en Maxisterio de Educación Física. É concelleiro dende o ano 2007 e alcalde dende 2011.

-Leiro: Francisco José Fernández Pérez (55 anos). Titular de oficina de Farmacia, é licenciado en Farmacia. Concelleiro desde 1991, é alcalde dende 1995. Foi deputado provincial entre 1999-2003 e entre 2009-2011. Foi elixido senador por Ourense na X Lexislatura (dende novembro de 2011). É presidente da Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria de Concellos do Ribeiro dende 2009 e presidente tamén do GDR-9 da Zona Carballiño-Ribeiro dende 2009.

-Entidade Menor de Berán: José Aquilino Álvarez Pérez (60 anos). Policía portuario de profesión, é a súa primeira incursión en política.

-Melón: María Cristina Francisco Vílchez (48 anos). Empregada de profesión, é alcaldesa do Concello de Melón dende o ano 2011.

-Ribadavia: César Manuel Fernández Gil (34 anos). Licenciado en Filosofía, Diploma de Estudos Avanzados en Filosofía e Grao en Dereito. Actualmente é asesor de Política Cultural da Deputación de Ourense, concelleiro e voceiro en Ribadavia dende 2011 e presidente local do PP dende 2012.



O CARBALLIÑO:


-O Irixo: Manuel Penedo Paradela (55 anos). De profesión empresario, é alcalde do Irixo dende 1987 e presidente local do PP reelixido en 2013.

-Maside: Alejandro González González (53 anos). De profesión empresario, esta é a súa primeira incursión en política.

-Boborás: Cipriano José Caamaño Castro (65 anos). Médico xubilado, é alcalde do municipio dende 1987.

-Beariz: Manuel Prado López (56 anos). Licenciado en Filoloxía Hispánica, é profesor de Secundaria. Alcalde de Beariz dende 1983, é tamén presidente da Mancomunidade de Concellos da Comarca do Carballiño dende 1999. Foi deputado provincial entre 1987 e 1991; Deputado no Congreso na IV Lexislatura (1990-1993) e senador na VI e VII Lexislatura (1996-2004).

-Piñor: José Luis González Rodríguez (47 anos). Empresario de profesión, é concelleiro en Piñor dende 2007 e voceiro municipal dende 2011. É presidente local do PP local dende 2010.

-Punxín: Manuel Vázquez Fernández "Casalta" (74 anos). Xubilado, foi concelleiro en Punxín por UCD entre 1979 e 1983. É alcalde dende 2011.

-San Amaro: Ernesto Pérez González (46 anos). Licenciado en Ciencias Económicas e Empresarial, é funcionario. É alcalde de San Amaro dende 2003.

-San Cristovo de Cea: José Luis Valladares Fernández (68 años). Xubilado, é concelleiro no municipio dende 1979 e alcalde dende 1991. Foi deputado provincial entre 1995 e 2011.

-O Carballiño: Argimiro Marnotes Fernández (48 anos): Arquitecto técnico de profesión, é concelleiro dende 2003 e voceiro municipal dende 2007. foi elixido alcalde en 2011 e presidente local do PP dende 2010. É deputado provincial dende maio de 2011.



VALDEORRAS:


- O Barco de Valdeorras: Moisés Blanco Paradelo (37 anos). Diplomado en Ciencias da Educación e Técnico en Protocolo e Relacións Institucionais.

Concelleiro no Barco de Valdeorras desde 2003. Deputado Provincial entre 2007-2011. Parlamentario autonómico desde 2012. Presidente local do PP do Barco de Valdeorras. Membro do Comité de Dirección do PP de Ourense.


- Carballeda de Valdeorras: María del Carmen González Quintela (59 anos). Título de Bacharelato. Industrial.

Concelleira en Carballeda de Valdeorras entre 1987-1991. Alcaldesa de Carballeda de Valdeorras desde 1991. Membro do Comité Executivo do PP de Ourense.


- Petín: Manuel de la Fuente Díez (71 anos). Título de FP. Xubilado.

Concelleiro en Petín entre 1991-1995. Voceiro en Petín desde 2011.


- A Rúa: Avelino García Ferradal (54 anos). Licenciado en Ciencias da Educación. Profesor.

Concelleiro na Rúa entre 2003-2011. Alcalde da Rúa desde 2011. Deputado Provincial desde 2011. Presidente local do PP da Rúa. Membro do Comité Executivo do PP de Ourense.


- Rubiá: Elías Rodríguez Núñez (49 anos). Licenciado en Económicas. Funcionario.

Concelleiro en Rubiá entre 1999-2003. Alcalde de Rubía desde 2003. Presidente local do PP de Rubiá.


- A Veiga: Juan Anta Rodríguez (32 anos). Licenciado en Dereito. Avogado.

Primeira incursión en política. Presidente local do PP da Veiga.


- Vilamartín de Valdeorras: María Jesusa Candal Jarrín (54 anos). Empregada de Banca.

Concelleira en Vilamartín de Valdeorras entre 2003-2008 e 2011-2013. Alcadesa de Vilamartín de Valdeorras entre 2008-2011 e desde 2013. Membro do Comité Executivo do PP de Ourense.




CELANOVA:



- A Bola. María Teresa Barge Bello (54 anos). Estudios de Maxisterio e Dereito. Funcionaria de carreira.

Alcaldesa de A Bola dende 2003.


- A Merca. Manuel Jorge Velo Reinoso (56 anos). Funcionario de Correos.

Alcalde dende 2003. Presidente local do PP


- Cartelle. Carmen Leyte Coello (60 anos). Licenciada en Medicina, é médico de Atención Primaria do Sergas en situación de servizos especiais.

Alcaldesa dende 1991. Senadora dende 2008

Membro do Comité Executivo e do Comité de Dirección do PPOU. Membro da Xunta Directiva Rexional do PPdeG e da Juna Directiva Nacional do PP. Portavoz adxunta do Grupo Territorial de Senadores Galegos.


- Celanova. José Luis Ferro Iglesias (44 anos). Licenciado en Ciencias Relixiosas e profesor de Formación Vial. De profesión, profesor de autoescola.

É concelleiro dende 2011 e alcalde dende 2012.

Presidente da Xunta Local e membro da Xunta Directiva Provincial.


- Cortegada. Avelino Luis de Francisco Martínez (68 anos). Xubilado. Foi comisario da Policía Nacional e Xefe superior de Policía de Galicia.

Alcalde dende 2007.


- Gomesende. Pura Rodríguez Álvarez (48 anos). Diplomada en Maxisterio.

É concelleira dende 1998 e alcaldesa dende 2007.

É presidenta da Xunta Local do PP.


- Pontedeva. Juan Carlos González Carbajales (46 anos). Empresario.

Concelleiro dende 2003 e alcalde dende 2007.

Presidente da Xunta Local e membro da Xunta Directiva Provincial.


- Quintela de Leirado. José Antonio Pérez Cortés (67 anos). Estudios de Bacharelato. Empresario.

Alcalde dende 1976 e presidente da Mancomunidade de Terras de Celanova dende 1995.

Membro da Xunta Directiva Provincial.


- Ramirás. María Pilar Otilia López García (75 anos). Mestra Nacional xubilada.

É alcaldesa dende 1975 e forma parte da Xunta Directiva Provincial.




BANDE:


-Bande: José Antonio Armada Pérez (39 anos). Licenciado en Dereito, é avogado (non exercente).

Alcalde de Bande desde 2007, tamén é presidente local do PP de Bande e membro do Comité Executivo do PP de Ourense.


-Calvos de Randín: José Manuel Andrade Rodríguez (40 anos).Título de arquitecto técnico, é enxeñeiro de Edificación.

Concelleiro en Calvos de Randín desde 2007.

Voceiro municipal do PP en Calvos de Randín desde 2011.


-Entrimo: Ángel José Barroso Míguez (37 anos). Funcionario de profesión.

É a súa primeira incursión en política.


-Lobeira: Antonio Iglesias Álvarez (56 anos). Empresario.

Concelleiro en Lobeira desde 1999.

Tenente de alcalde de Lobeira desde 2011.


-Lobios: María del Carmen Yáñez Salgado (38 anos). Formación Universitaria en Dereito. Técnico en Prevención de Riscos Laborais. Técnico en Xestión Laboral, Asesoría Fiscal e ofimática empresarial.

Concelleira en Lobios desde 2007

Alcaldesa de Lobios desde o 2011.

Presidenta local do PP de Lobios.

Na actualidade é tamén presidenta de Villas termales da Federación Española de Municipios y Provincias, así como membro do Comité Executivo Autonómico e Provincial do PP.


-Muíños: Plácido Álvarez Dobaño (56 anos)

Secretario municipal de profesión.

Concelleiro en Muíños entre 1991 e 1995.

Alcalde de Muíños desde 1995.

Deputado provincial entre 2007-2009.

Vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense entre 2009-2011.

Voceiro do Grupo Provincial Popular na Deputación Provincial de Ourense.

Membro do Comité Executivo do PP de Ourense.


-Padrenda: Manuel Pérez Pereira (60 anos). Empresario.

Alcalde de Padrenda desde 1991.

Presidente local do PP de Padrenda.

Membro do Comité Executivo do PP de Ourense.


-Verea: Juan Antonio Martínez González (60 anos). Empresario.

Concelleiro en Verea desde 1999.

Alcalde de Verea desde 2005.

Presidente local do PP de Verea.




A LIMIA:


-Baltar: José Antonio Feijóo Alonso (63 anos). Empresario de profesión, foi concelleiro en Xinzo de Limia e alcalde desta vila entre 2001 e 2003. É alcalde de Baltar e deputado provincial dende 2007.

-Os Blancos: José Manuel Castro Blanco (45 anos). Empresario e alcalde do municipio dende 2011.

-Porqueira: Susana Vázquez Dorado (41 anos). Con estudos en Ciencias Empresariais, é alcaldesa dende 2003. Tamén é presidenta local do PP de Porqueira, así como membro dos comités executivos do PP de Ourense e de Galicia.

-Rairiz de Veiga: Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio (46 anos). Axente facultativo de Medio ambiente, é concelleiro en Rairiz de Veiga dende 1995. Foi elixido alcalde en 1999.

-Sandiás: María Concepción Méndez Gándara (67 anos). Diplomada en Maxisterio, é mestra xubilada. É alcaldesa de Sandiás dende 1979 e foi deputada provincial entre 2004 e 2006.

-Sarreaus: Gumersindo Lamas Alvar (49 anos). Empresario e alcalde do municipio dende 1991.

-Vilar de Barrio: Julio Pérez Carballo (81 anos). Axente de banca, empresario e músico. É alcalde de Vilar de Barrio dende 1983, así como deputado provincial dende 2007. É presidente do PP local.

-Vilar de Santos: Alberto Fernández Dacal (34 anos). Funcionario de profesión, é a súa primeira incursión en política.

-Xinzo de Limia: Antonio Pérez Rodríguez (45 anos). Diplomado en Maxisterio e en Ciencias Empresariais, de profesión asesor fiscal. É concelleiro dende 2007 e alcalde dende 2011. Deputado provincial dende 2007 e presidente local do PP de Xinzo de Limia.



VERÍN:


-Castrelo do Val: Manuel Pérez Araújo (44 anos). Empresario. Voceiro en Castrelo do Val desde 2011. Presidente local do PP de Castrelo do Val.

-Cualedro: Luciano Rivero Cuquejo (39 anos). Título de FP 2. Empresario. Alcalde de Cualedro desde 2007. Deputado provincial desde 2011. Presidente local do PP de Cualedro. Membro do Comité de Dirección do PP de Ourense.

-A Gudiña: Guillermo Lago Pérez (70 anos). Título de bacharelato. Xubilado. Concelleiro na Gudiña desde 1979. Alcalde da Gudiña desde 1987.

-Laza: José Ramón Barreal Novo (49 anos). Tenente de alcalde en Laza desde 1997. Alcalde de Laza desde 2011. Presidente local do PP de Laza.

-A Mezquita: Francisco José Montesinos Rodríguez (48 anos). Autónomo. Concelleiro na Mezquita entre 1991-1995 e desde 2007. Alcalde da Mezquita entre 1995-2007. Deputado Provincial entre 2007-2011.

-Monterrei: José Luis Suárez Martínez (46 anos). Licenciado en Dereito. Funcionario. Concelleiro en Monterrei desde 2011.

Presidente local do PP de Monterrei.

-Oímbra: Ana María Villarino Pardo (41 anos). Licenciada en Ciencias do Traballo. Máster en Desenvolvemento Local e Máster en Axentes de Emprego e Novas Tecnoloxías da Información: Planificación, financiamento e xestión de proxectos. Concelleira en Oímbra desde 2007. Presidenta local do PP de Oímbra. Membro do Comité Executivo do PP de Ourense.

-Riós: Francisco Armando Veiga Romero (55 anos). Título de bacharelato. Empregado de banca. Concelleiro en Riós desde 1983. Alcalde de Riós desde 1993. Deputado provincial entre 2003-2007. Presidente local do PP de Riós.

-Trasmiras: Emilio José Pazos Ojea (38 anos). Título de FP. Funcionario. Concelleiro en Trasmiras desde 2003. Alcalde de Trasmiras desde 2007. Presidente local do PP de Trasmiras. Membro do Comité Executivo do PP de Ourense.

-Verín: Juan Manuel Jiménez Morán (58 anos). Título de Enfermería. Practicante titular. Concelleiro en Verín entre 1983-1994, 2005-2007. Alcalde de Verín entre 1994-2005 e desde 2007. Senador desde 2013. Presidente do Plan de Competitividade Turística Portas de Galicia. Director da AECT Eurocidade Chaves-Verín. Presidente local do PP de Verín. Membro do Comité de Dirección do PP de Ourense.

-Vilardevós: Manuel Cardoso Pérez (59 anos). Empresario. Concelleiro en Vilardevós entre 2003-2007 e 2009-2011. Alcalde de Vilardevós desde 2011. Presidente local do PP de Vilardevós.



TRIVES:


-O Bolo: Manuel Corzo Macías (73 anos). Licenciado en Medicina e empresario, actualmente está xubilado. É alcalde do municipio dende 1999.

-Castro Caldelas: Manuel Lage Blanco (60 anos). Prexubilado de banca, é voceiro municipal do PP neste municipio dende 2011.

-Chandrexa de Queixa: Francisco Rodríguez Rodríguez (67 anos). Xubilado, é alcalde do municipio dende 2011 e deputado provincial dende 1991. Recientemente foi elixido presidente local do PP.

-Larouco: Joaquín Bautista Prieto Rodríguez (46 anos). Funcionario de profesión, é concelleiro dende 1995 e alcalde dende 1998.

-Manzaneda: Salvador Fernández Cardoso (49 anos). Arquitecto técnico, é técnico superior en Prevención de Riscos Laborais e perito xudicial. É a súa primeira incursión en política.

-Montederramo: Antonio Rodríguez Álvarez (61 anos). Axente forestal de profesión, é concelleiro dende 1979 e alcalde dende 1987.

-A Pobra de Trives: Jesús Prieto Pérez (39 anos). Enxeñeiro técnico agrícola e enxeñeiro agrónomo, exerce de enxeñeiro agrónomo en adega da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. É a súa primeira incursión en política.

-San Xoán de Río: Gerardo Rodríguez Domínguez (56 anos). Licenciado en Medicina e médico de profesión, é concelleiro dende 1991 e alcalde dende 2011.

-A Teixeira: Miguel Antonio Cid Álvarez (63 anos). Licenciado en Medicina e médico de profesión, é teniente de alcalde dende 1987 e alcalde dende 1991.

-Viana do Bolo: Andrés Montesinos Rodríguez (53 anos). Empregado de banca, foi concelleiro en A Mezquita entre 1991 e 1995 e é concelleiro en Viana do Bolo dende 1999. É alcalde dende 2003.

-Vilariño de Conso: Ventura Sierra Vázquez (72 anos). Xubilado. Foi alcalde entre 1979 e 1995, concelleiro entre 1995 e 1996 e novamente alcalde dende 1996.








(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: