Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Seguir mellorando servizos e infraestruturas, compromisos irrenunciables para o PP de Baltar

Imprimir ppou - 19-Decembro-2014 - 21:17:13 


  • José Antonio Feijóo Alonso foi elixido presidente local do PP de Baltar co 100% de apoio dos votos emitidos

  • O presidente provincial, Manuel Baltar, na clausura do congreso local número 70 do PPOU, recalcou que "o traballo diario dos alcaldes e concelleiros populares e o motor fundamental do PP de Ourense, que xunto á cooperación e o bo facer, son as claves do noso ritmo imparable"

Baltar, 19 de decembro de 2014.- A Casa da Cultura do municipio de Baltar acolleu esta tarde o Congreso Local do PP nesta localidade. A candidatura única, liderada por José Antonio Feijóo Alonso, acadou o apoio da totalidade dos votos emitidos polos compromisarios.

O presidente local electo agradeceu o apoio amosado cara a súa candidatura, así como a numerosa presencia de amigos e simpatizantes "nun venres de Nadal cheo de cenas con amigos e compromisos persoais". Feijóo Alonso fixo un repaso ás melloras acadadas en Baltar nos últimos anos baixo o goberno municipal do PP que el preside: "Conseguimos transformar o municipio dotándoo de pavillón, piscina, velorio, rehabilitacións integrais no Consistorio e no Centro de Día, depósitos de auga nos núcleos rurais, empedrado das pistas e centros sociais en tódolos pobos. Nun tempo de fonda crise económica, é case un milagre todo o que conseguimos acadar, gracias a un intenso traballo de todo o equipo". Tamén José Antonio Feijóo Alonso explicou que "queda moito por facer, pero nos sobra ilusión e ganas neste equipo. Se abre unha etapa de ilusión e futuro".

Pola súa banda, o presidente provincial, Manuel Baltar, no discurso de clausura do congreso local de Baltar, o número 70 dos celebrados polo PPOU, recalcou que "o traballo diario dos alcaldes e concelleiros populares e o motor fundamental do PP de Ourense, que xunto á cooperación e o bo facer, son as claves do noso ritmo imparable".


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: