Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar: "Colaboración total, máxima transparencia e respecto aos procedementos xudiciais"

Imprimir ppou - 20-Novembro-2014 - 21:52:54 

Ourense, 20 de novembro de 2014.- O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, amosou esta tarde, nada máis coñecerse o auto da xuíza De Lara "o máximo respecto aos procedementos xudiciais e aos órganos xurisdicionais" e pediu "que se esclareza todo coa máxima transparencia para que non quede ningunha dúbida. Para elo, como non pode ser doutra maneira, a xustiza terá a colaboración total e absoluta do Partido Popular de Ourense".

O presidente do PPOU afirmou "polo que respecta a miña xestión ao fronte do PP de Ourense, da que respondo dende que fun elixido presidente provincial o 30 de xaneiro de 2010, que unha das primeiras decisións que tomei foi a de prescindir dos servizos do daquela xerente, Emilio Pascual, polo pésimo concepto que eu tiña da súa profesionalidade e pola perda de confianza na súa persoa". Ademais, Manuel Baltar considera que o auto da xuíza De Lara "baséase exclusivamente nas opinións do señor Emilio Pascual, e haberá que ver se todo iso é certo ou non, cando coñezamos o contido exacto das súas declaracións", afirmou, engadindo que o Partido Popular de Ourense resérvase as accións legais oportunas que puidera corresponderlle exercer ante as acusacións realizadas. "O que si podo asegurar -engade- é que as donacións que puideran existir no Partido Popular de Ourense son tramitadas legalmente".


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: